domingo, 11 de outubro de 2009

Armenia e Turquía danse a man tras 94 anos de conflito


Os seus respectivos ministros de Exteriores fixeron este sábado as paces en Zúric.


Rafael M. Mañueco | La Voz de Galicia 10/10/2009


Os países do Cáucaso Sur, rexión salpicada nas últimas décadas por numerosos conflitos interétnicos, poderían estar ás portas dunha nova era de prosperidade e entendemento. Logo de 94 anos de confrontación, Turquía e Armenia acaban de dar un paso de xigante cara á normalización das súas relacións.

Aínda que con tres horas e media de atraso e non poucas friccións de última hora, limadas sobre o terreo pola secretaria de Estado norteamericana, Hillary Clinton, e por Barack Obama mediante unha chamada telefónica ao seu homólogo armenio Serge Sarkisián, os ministros de Exteriores turco e armenio, Ahmet Davutoglu e Eduard Nalbandián, terminaron asinando onte na Universidade de Zúric os protocolos que abren a vía ao intercambio de embaixadas e á apertura da fronteira, pechada desde 1993.

Os acordos, que deberán ser ratificados nos respectivos parlamentos, contemplan a creación dunha subcomisión conxunta de historiadores e expertos para examinar arquivos e tratar de facer un estudo obxectivo sobre a matanza que o Imperio Otomán iniciou contra o pobo armenio en 1915. Ereván cualifica aqueles sucesos de xenocidio e calcula que neles perderon a vida un millón e medio de persoas. Ankara rexeita o termo xenocidio e admite a morte de só medio millón de armenios. Estas discrepancias son as que fixo que as dúas nacións vivisen de costas case un século.

Armenia, cuxas fronteiras con Acerbaixán tamén están pechadas, viviu ata agora nun illamento case total. Xeorxia foi a súa única vía de comunicación por terra co mundo exterior, a pesar de manter boas relacións con Irán, país co que limita polo sur nunha estreita franxa de terreo montañoso. Rusia foi o seu mellor aliado, pero o transporte é só posible por vía aérea.

(...)

Ler máis


Ningún comentario:

Publicar un comentario