sábado, 3 de outubro de 2009

Ordes “non apoia o franquismo”

O Xornal, 3-10-09

A corporación municipal de Ordes (A Coruña) apoiará os actos de homenaxe ao soldado Lois –un heroe franquista– malia ás críticas da Asociación Cultural Foucelhas. O pasado mércores, a entidade reclamou ao Concello que deixen de apoiar os actos na honra deste rapaz da vila que celebra a Armada en novembro. Dende Foucelhas comentaron que se trata “dunha falta de respecto aos familiares das vítimas da represión franquista en Ordes” xa que, supostamente, o monolito en recordo do soldado erixiuse no lugar onde foron fusilados moitos paseados. No entanto, o alcalde, Manuel Regos, defende que a súa corporación “non apoia o franquismo” pero este soldado, á marxe do seu bando, é “fillo predilecto de Ordes por salvar aos seus compañeiros” dunha explosión no buque Baleares en 1937.

1 comentario:

  1. Mais info: http://agal-gz.org/blogues/index.php/foucelhas/2009/10/06/manuel-lois-garcia-ou-el-soldado-lois

    ResponderEliminar