Central hidroeléctrica Segade (Caldas) |
06.02.2011 TEXTOS: DANIEL SEIJAS FOTOS:
G.H.
A entrada do novo século,
na comarca do Ullán, abriuse cunha gran novidade e mellora. A lus de carburo e
petróleo, que alumeaban as rúas das vilas de San Lois de Cesures e Padrón,
sustitúese polas farolas de lus eléctrica. Este feito tan transcendental ben
merece ser lembrando,polo que lles relatarei ,un pouco por riba, como chegou a
electricidade a estes pobos.
A chegada do alumeado eléctrico
a Galicia, prodúcese dunha maneira relativamente temperá. Aínda que a súa
xeralización tardou moitísimo en chegar, como ben sabemos, a tódolos recunchos
deste país. Sería a cidade de Pontevedra,no ano 1888, gracias á iniciativa do
todopoderoso, político e empresario, Marques de Riestra e de Aqulino Prieto, o
primeiro lugar de Galicia en contar con alumeado eléctrico nas súas rúas,
estando tamén entre as primeiras en contar con este servicio en toda España.
Esto sería posible gracias a construcción dunha central térmica na pontevedresa
praza da Verdura.
Posteriormente a eléctricidade
chegaría a Mondoñedo (1893), Lugo (1894), Ourense (1894), Santiago (1895),
Ponteareas (1895), Vigo (1896), Tui (1896), Viveiro (1897)…paseniñamente, gracias
á instalación de pequenas centrais hidroeléctricas e térmicas, a nova fonte de
enerxía ia extendendose polas principais vilas e cidades galegas.
Corría o ano 1898, cando
por Galicia andaba o enxeñeiro francés Ernesto Presser Dauphin, máis un comerciante
e almacenista de material eléctrico ,de Zaragoza,chamado Nicolas Palacios
Lahoz. Os dous eran donos da empresa "Presser y Compañía", e estaban
na procura dun lugar axeitado onde instalar unha central hidroeléctrica, que á
súa vez estivera relativamente preto dos seus futuros clientes. Foron a Caldas
de Reis, e alí pretiño, en Segade, fixáronse na gran fervenza do río Umia, onde
a forza da auga movía unha chea de muiños, e uns metros río arriba,tamén
servira para mover unha gran noria, xa daquela recentemente abandoada, da fábrica
de papel "La Concepción". O tipo de orografía escarpada de Segade,
era o máis apropiado para construir unha central hidroeléctrica.E así foi.
Ernesto Presser negociou cos donos dos muiños que había na fervenza, e
comproulle os dereitos do aproveitamento da auga, así coma uns terreos case o pé
da fervenza para levantar a nave industrial, onde instalar as turbinas e
dinamos.
En xaneiro de 1899 estes
emprendedores solicitan e concédeselle, por parte do goberno civil de
Pontevedra, un permiso para o aproveitamento de 2.500 litros por segundo do
caudal do río Umia.
Comezan ademais as obras
da nave e do muro da pequena presa, situada na parte de arriba da fervenza, de
onde saía unha canle, que empalmaba cunha longa tubaxe, pola cal ía a auga ata
unha cámara de carga, que á altura da central hidroeléctrica ,e aproveitando o
gran desnivel, baixaba con gran forza coa fin de mover as turbinas da fábrica
da lus. A central, que debeu estar xa rematada a finais do ano 1899, tiña nese
momento dúas dinamos de 225 cv. de potencia cada unha e declaraba unha producción
de 442 kw/h. O nome da nova empresa era "Electra de Segad".
Pero o conto non só era
montar tan importante e custosa obra de enxeñeira, habia que darlle saída a súa
producción. Por iso, xa antes de ter rematada a "fábrica da lus",
Ernesto Presser e Nicolás Palacios, concurrian con éxito, durante o 1899, ás
subhastas públicas para a concesión das instalacións e suministro do alumeado público
de varios concellos, ansiosos de sacar da escuridade camiños e rúas, coma
Valga,Caldas de Reis,Vilagarcía de Arousa, Carril,Cambados e Padrón. No caso de
Valga, a concesión obtida foi por un periodo de 20 anos.
A cambio, a empresa, tiña
que instalar e manter o alumeado da casa consistorial e poñer en Ponte Valga 11
puntos de lus, situados nun radio a de 300 metros do consistorio. Mentras que
na vila de San Lois de Cesures, daquela ainda pertencente ó concello de Valga,
instalarianse un mínimo de 24 focos de lus cunha potencia de 16 buxías cada
unha. Pola sua banda, o concello de Valga, comprometiase coa empresa a
pagarlle, a cantidade fixa de 1.560 pesetas anuais ,polo servicio prestado
durante o tempo que durase a concesión.
En Padrón, "Electra
de Segad", na persoa do enxeñeiro Gaston Bertier Descanes, como apoderado
de Ernesto Presser, en xullo de 1899, conseguia facerse coa concesión do
alumeado municipal, tamén por un periodo de 20 anos. Neste caso,habia que
sustituir tódalas farolas de petróleo polas eléctricas. Entre a vila de Padrón
e o barrio da Trabanca, a empresa comprometeuse a colocar 56 lámparas eléctricas,
así coma o propio alumeado da casa do Concello e o edificio do cárcere. Tamén
había que poñer 4 puntos de lus na zona do muelle do barrio da Ponte. Neste
lugar aínda facia uns pouquiños anos antes, despois de moitas protestas dos
comerciantes, puxeranse farois de petroleo, xa que a pesar do importante tráfico
de mercadorias do seu muelle, as noites alí seguian sendo totalmente escuras e
cheas de perigos. Entre as claúsulas do contrato de alumeado de Padrón figuraba
o seguinte :
"El alumbrado se
encenderá siempre un cuarto hora despues que se ponga el sol, y lucirá hasta
media hora antes del amanecer siguiente,reservandose el concesionario el
derecho de rebajar la corriente eléctrica hasta el 15% de su intensidad desde
las doce de la noche en adelante, a no ser en las noches de las fiestas de San
Roque, Noche Buena y Navidad, Reyes y Carnavales que conservará integra su
intensidad hasta el amanecer".
Curiosamente ,nestas claúsulas,
no se aludia nada ós días que fora a feira e festas da Pascúa. Cos contratos
feitos, a "Electra de Segad", apresura os traballos e pon en
funcionamento o salto de Segade, e tenta rematar , canto antes, o tendido da liña
electrica dende Caldas de Reis ata Valga, Pontecesures e Padrón. Os traballos
de colocación dos postes de madeira para a conducción eléctrica, causaron
varios quebradeiros de cabeza á empresa, xa que había algúns labregos, que as
agachadas, ian a cortar os postes da lus. Aínda que non sabemos ben as causas
destes feitos, seguramente non lles debia facer gracia, ós labregos, que aquela
modernidade atravesara os seus montes e leiras, sen ningun tipo de beneficio
para eles. Sería unha situación parecida a que vemos nas películas do Oeste, na
que os indios dedicabanse a cortar as liñas de telégrafos que pasaban polo seu
territorio.
Unha vez tendida a liña e
colocadas as lámpadas nas rúas de Cesures e Padrón, comezaron as primeiras
probas, que según parece iniciaronse polo 25 de xaneiro de 1900, para facerse
xa de xeito regular a partir do 15 de febreiro dese mesmo ano. Sen embargo, o
servicio que esta empresa proporcionaba non foi sempre todo o exemplar que se
esperaba. Nese mesmo ano, o efémero semanario "La Verdad de Cesures",
dirixido por Victoriano Llerena Braña , criticaba á empresa eléctrica polas súas
constantes deficiencias na suministración do fluído eléctrico.
Ós poucos meses da chegada
da electricidade a Cesures,Padrón e Valga, o 21 de abril, a empresa
"Electra de Segad-Presser y Compañia" fusionase coa "Electra
Popular Ferrolana", e por iniciativa de Ernesto Presser e co respaldo do
capital de grandes socios, créase a "Sociedad General Gallega de
Electricidad" (S.G.G.E.), cos saltos de Segade e da Fervenza no río
Belelle (Neda). A empresa que contaba cun capital social de 2.000.000 pesetas,
conta entre moitos socios, ademais do propio Presser, que era o presidente, ós
coruñeses Ricardo Silveira e o banqueiro Ricardo Rodriguez Pastor, ademais do
futuro "rei dos saltos de auga", o caldense Laureano Salgado Rodríguez.
Deste xeito a S.G.G.E. pasaba a ser automaticamente a encargada de xestionar o
alumeado dos concellos de Valga e Padrón, sendo o xérmolo,en parte, do que será
Fenosa, o fusionarse con esta en 1955.
Si en 1900 a lus chegada ós
nucleos urbanos de Cesures e Padrón, nese mesmo ano tamén comezaron a gozar da
luz eléctrica os veciños do núcleo da Estrada, da man de Camilo Pardo coa súa
"fábrica da lus" no río Liñares, en Pina-Aguións (A Estrada). No caso
de Cuntis, o alumeado público comezaria a funcionar en 1915, gracias á central
instalada polo dono dos balnearios cuntienses "La Virgen" e "El
Castro" ,Marcial Campos García, no río da Patela.
A
chegada da lus ós nucleos rurais de Valga, Pontecesures e Padrón, iria
aparecendo de xeito gradual, segundo os lugares, anos despois ou con moitas décadas
de retraso, coma no caso das aldeas dos Condes, Confurco,Grobas e Fenteira, que
non contarian coa lus eléctrica ata o ano 1960, por poñer un caso. Pero falar
da chegada das liñas eléctricas ó rural, sería materia doutro artigo.
Gustoume moito este artigo. Grazas por compartilo. Meu abó foi electricista da SGGE e a central de traballo era a central de Segade en Caldas de Reis. E unha pena non ter mais informacion deste tema...interesame moito por motivos persoais, por meu abó. Unha perta
ResponderEliminar