sábado, 1 de xaneiro de 2011

Xermolos de liberdade

‘Xermolos de paz e liberdade’ é o nome do monumento que desde onte lembra na Coruña os seiscentos fusilados tras o golpe de Estado de 1936. O monumento, impulsado desde a Comisión pola recuperación da Memoria Histórica, inaugurouse onte coa ausencia do Partido Popular (PP) que cualificou o acto de “partidista”
M. ARIAS

Silvia Longueira (esqda) con Florencio Cardador, Francisco Cerviño, Abel López, Manolo Monge, Javier Losada, Henrique Tello, Ángel García Seoane, Esteban Lareo e Margarita Vázquez durante o acto FOTO: andy pérezMirando ó mar, ó no seu día tenebroso Campo da Rata, un monumento baixo o epí­grafe "Xermolos de paz e li­berdade" recolle desde onte, preto da Torre de Hér­cules, os 600 nomes de persoas que se saiba foi­ron represaliadas polo franquismo na comarca coruñesa. A Comisión pola Re­cuperación da Memoria Histórica (CRMH) promo­veu a iniciativa, aberta a todos os pensa­mentos, que contou co apoio do Goberno mu­nicipal da Coruña. "Nin vai contra ninguén nin é un acto de desquite, é sim­plemente un acto de xusti­za porque o menos que merecen esas persoas é un recordo", reiterou estes días o voceiro local da CRMH, Manuel Monge.
Desta forma réndeselles memoria ós esquecidos, algúns deles aínda non atopados, e os seus descen­dentes -onte achegáronse á inauguración decenas de familiares- polo menos te­ñen o consolo de que os seus nomes quedarán inscri­tos nestes menhires. No principal, e baixo a pomba de Picasso, pódese ler o poema Paz para sempre, de Claudio Rodríguez Fer.
Faltou á cita o Partido Popular (PP) ó considerar que era un acto partidista. A in­auguración que levou a ca­bo o alcalde Javier Losada, en presenza dos rexido­res de Sada, Abel López, e Oleiros, Anxo García Seoane.
"Recuperamos a his­toria real, para facer visibles os executados e desprezados, recuperando a memoria dos esquecidos", salientou Losa­da, quen recordou que nos últimos anos, á marxe da Lei de memoria, o Concello realizou exposicións e editou pu­blicacións sobre a Repú­blica, abriu edificios como a Fundación Seoane e a casa de Casares Quiroga, en accións encamiñadas a recuperar o pasado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario