venres, 5 de marzo de 2010

Arrhash: cando o Estado Español gaseou a poboación civil marroquí


Na Guerra do Rif, utilizou armas químicas como o fosxeno e difosxeno, a clorociprina e, sobre todo, o gas mostaza contra Marrocos
Redacción - Vieiros- 03/03/2010
Entre 1923 e 1927, o exército español bombardeou con gas mostaza a poboación civil marroquí, no contexto da Guerra do Rif. Converteuse así nunha das primeiras potencias en empregar estes métodos de exterminio, que foran prohibidos explicitamente no Tratado de Versalles (1919).
Case un século despois, un documental recolle as voces dos historiadores e fala con algunhas das últimas testemuñas directas de aquel ataque. Logo de percorrer diferentes festivais, este documento, que recibe o nome de Arrhash (veleno) de Javier Rada e Tarik el Idrissi, pode verse íntegro na rede.
  • Podes ver aquí o documental completo: Arrhash (veleno) por Javier Rada e Tarik el Idrissi

Ningún comentario:

Publicar un comentario