mércores, 2 de decembro de 2009

Un espía para nazis e aliados


EFE- Galicia Hoxe- 1/12/09

O cineasta Edmon Roch leva á gran pantalla a "incriblemente extraordinaria" vida de Juan Pujol García en Garbo. El espía, un documental sobre como un autodidacta se converte nun dobre espía dos nazis e os aliados, sendo a clave do triunfo do desembarco de Normandía.

Juan Pujol era o xerente dunha granxa de polos e conserxe dun hotel cando decide botar unha man na Segunda Guerra Mundial, pero ó ser rexeitado polos servizos de Intelixencia británicos é contratado polo "Abwehr" nazi, converténdose no espía Arabal. Anos máis tarde, a Intelixencia Británica bautízao como Garbo e é cando Pujol é un axente dobre que lle fai crer ó Terceiro Reich que o desembarco de Normandía é unha estratexia de engano e que o verdadeiro asalto farase polo Paso de Calais. "Non coñecía as súas extraordinarias andanzas e aventuras", declarou onte Roch durante a presentación da película, que se estrea o vindeiro venres. Tras cinco anos de investigación do personaxe e corenta e tres montaxes, Roch subliñou que Pujol tiña "un papel protagonista" e estaba "xogando á guerra" pero sempre contaba cun "gran sentido do humor".

Ningún comentario:

Publicar un comentario