mércores, 16 de decembro de 2009

Unha excursión polo Londres dos 20

A rede de arquivos da cidade pon a disposición pública un filme a cor de 1927 rodado por Claude Friese-Greene.

Vieiros - 15/12/2009

A rede de arquivos da cidade de Londres pendurou na rede un documento poucas veces visto. Trátase dun filme do ano 1927 que recompila imaxes a cor da capital británica unha década antes de ter sufrido os efectos da Segunda Guerra Mundial.

Sen apenas tráfico rodado e sen rañaceos, Londres preséntase moi diferente a como é agora, aínda que o feito de que as imaxes estean a cor -mais mudas- dálles unha aparencia de actualidade. As escenas foron filmadas por Claude Friese-Greene usando unha técnica pioneira de procesamento de cor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario