Atopan un
expediente sobre a incautación de bens durante a Guerra Civil ao ex presidente
do Consello de Ministros republicano. En marzo de 1940 foi declarado incurso en
"responsabilidade política" e condenado a 15 anos de
"inhabilitación absoluta" e se lle retirou a nacionalidade.
Por Galicia Confidencial |
Compostela | 15/03/2014 Galicia Confidencial
Santiago
Casares Quiroga, o último presidente do Consello de Ministros antes da Guerra Civil, volve
á actualidade 78 anos despois do incicio desta contenda. E é que, nos traballos
de organización dos arquivos dos xulgados galegos acaba de saír á luz un
expediente iniciado durante a Guerra Civil, en 1938, para incautar os bens
do ex máximo mandatario republicano.
O expediente
a Casares Quiroga atopouse no arquivo común dos xulgados da Coruña e correspondía
ao xulgado de Primeira Instancia número 2. Agora será trasladado ao Arquivo
do Reino de Galicia.
Segundo
indica a Xunta nun comunicado, en 1938 a Comisión Provincial de Incautacións de
Bens da Coruña acordou instruír un expediente sobre Declaración de
Responsabilidade Civil contra Santiago Casares Quiroga "tras as
indagacións realizadas sobre a súa conduta, ideoloxía, traxectoria política,
actuacións levadas a cabo e participación en revoltas".
As
acusacións contra Casares Quiroga
Por sentenza
do 7 de marzo de 1940 é declarado incurso en "responsabilidade política"
polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas, que lle impón unha sanción
de "quince anos de inhabilitación absoluta, outro quince de extrañamiento
(expulsión) e o embargo total dos seus bens". E propón, ademais, ao
Goberno -xa na ditadura- a perda de nacionalidade de Casares Quiroga quen, por
outra banda, xa estaba exiliado en Francia.
O expediente
atopado sinala que houbo indagacións para determinar as súas pertenzas e realizáronse
inventarios da biblioteca e bens mobles e inmobles, que foron acompañados
dos títulos de propiedade, incluídas escrituras do século XIX.
Esta
descuberta foi posible grazas aos traballos que está a realizar a Xunta
de inventario dos fondos documentais nos xulgados para determinar cales son
dignos de ser conservados polo seu interese histórico e cales se poden
eliminar.
En Galicia hai 50 arquivos xudiciais, nos que a Xunta calcula que
hai un tres millóns de expedientes, con máis de 150 millóns de folios e cos
traballos de expurgo preténdese gañar un 75 por cento de espazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario