Advirten da corrente
neoconservadora que quere mandar as mulleres a casa para cumprir co papel de
esposas e que pon en perigo os dereitos acadados, como o aborto
LAURA CAMINO . SANTIAGO
O aborto, o divorcio, a
libre sexualidade, a participación política, a igualdade doméstica... Aínda non
tendo todo acadado, a sociedade de hoxe dá fe dos espazos, en termos de
dereitos conquistados pola loita feminista, que se constituíu como movemento en
Galicia aló polos anos 70 e 80. Conquistas recoñecidas e que, con todo, perigan
hoxe coa existencia dunha "corrente neoconservadora" que busca levar
a muller de volta á casa para cumprir o seu papel de esposa.
Así o criticou onte o
director da Fundación Galiza Sempre (FGS), Xabier Macías, quen advertiu de que
"hai problemas gravísimos entorno aos dereitos das mulleres", sendo o
máis preocupante as "forzas políticas e sociais que queren dar pasos atrás,
que queren volver a unha situación de menor libertade e menor autonomía"
feminina.
Con motivo da presentación
do libro 22 documentos de feminismo galego, de recente publicación por
parte da fundación que dirixe, Macías reflexionou sobre o recoñecemento ao
feminismo histórico en Galicia e as actuais correntes que, segundo lamentou, poñen
en perigo moitos dos dereitos acadados. É o caso das tendencias
"neoconservadoras" que "enfatizan o papel das mulleres como nais
e como esposas, e que queren facer retroceder os espazos e as libertades
conseguidos polas mulleres", denunciou.
Panfletos e manifestos das
protestas históricas
O libro xorde por mor
dunha exposición organizada pola Fundación Galicia Sempre na que se
recompilaron arquivos e documentación do movemento feminista en Galicia, tras o
que se formularon "a utilidade de recoller panfletos e manifestos dos que
se len en manifestacións ou campañas", un tipo de documentos que, segundo
Macías, "normalmente teñen interese porque son representativos dunha época,
dunha campaña, dun contexto, pero que non se reproducen, non se conservan ou
non son accesibles". Velaquí a intención do libro: "Facer accesible
documentación con interese histórico do movemento feminista en Galicia",
engadiu Macías.
Panfletos, manifestos e
documentos da loita polos dereitos das mulleres que transcorreu entre os anos
1975 e 2003 e que deixan constancia das principais campañas impulsadas no noso
país.
O dereito ao divorcio ou
ao aborto; contra o delito de adulterio; as demandas de emprego digno e do
repartimento igualitario de tarefas domésticas; a denuncia da violencia
machista; a reivindicación dunha sexualidade libre ou da plena participación
das mulleres son algúns dos temas que configuran esta escolma de documentos,
con textos introdutorios da xoven historiadora Isabel Rodríguez Mate a partir
de fontes documentais da Fundación 10 de Marzo e, en especial, da histórica
feminista Nanina Santos.
Para o responsable da
Fundación Galiza Sempre, os 22 documentos recollidos "atesouran que os
dereitos non caen do ceo e que a súa progresiva inclusión na legalidade
requeriu o esforzo e mobilización de moitas persoas, a miúdo en condicións
adversas", destacou Macías, quen considerou que "as ideas das
organizacións feministas si que teñen un recoñecemento na sociedade
actual". Con todo, engadiu, "hai moitas cousas que siguen mal e o
recoñecemento pleno, alén do legal, está moi verde, queda moito por facer,
concluiu.
A publicación, que se suma
á traxectoria divulgativa da Fundación Galiza Sempre (FGS) en temas de
feminismo, está dispoñible desde xa nas librerías de todo o país.
Xabier Macías
"O
máis preocupante son as forzas políticas e sociais que queren dar pasos atrás,
volver a unha situación de menor libertade e menor autonomía das mulleres"
...traigo
ResponderEliminarsangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...
desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ
COMPARTIENDO ILUSION
CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...
ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DE MONOCULO NOMBRE DE LA ROSA, ALBATROS GLADIATOR, ACEBO CUMBRES BORRASCOSAS, ENEMIGO A LAS PUERTAS, CACHORRO, FANTASMA DE LA OPERA, BLADE RUUNER ,CHOCOLATE Y CREPUSCULO 1 Y2.
José
Ramón...