domingo, 10 de xuño de 2012

Os negros nos cómics


Redacción | @prazapublica
Alfredo Pardo analiza en Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza, o tratamento dado aos personaxes de raza negra nos tebeos ao longo da historia.
As orixes da Blaxploitation
Amérika. A cruz ardente do KKK. O sono convértese en pesadelo polo contínuo racismo segregacionista. No transcurso do tempo os dereitos civís dos afroamericanos  son pisoteados continuamente. Nesta maquinaria de engranaxe infernal  o Black Power –Poder Negro-,  xurde nos anos 60 coma un movemento de defensa sociopolítico. En 1966 a organización política Black Panther Party –Partido Pantera Negra- é a continuidade crítica do pobo negro onde reivindicar o seu Programa dos Dez Puntos. Na retina histórica quedaría o saúdo Black Power nos Xogos Olímpicos de México do 68 de dous corredores de raza negra na entrega de medallas. Esta transformación social integraría unha parafernalia conceptual en forma de novas narrativas e xéneros de vangarda. A formulación betumesca en secuencia fílmica. A Blaxploitation.
Celuloide negro
O movemento cinematográfico  da escena contracultural negra de principios dos anos 70 –cinema blaxploitation- constitúe unha apropiación en tempo real dos mecanismos sociais e políticos de novos produtos de consumo para os negros que empezaban a ter poder adquisitivo. Inaugurando o circuito exploit o filme Shaft -1971-, dirixida por Gordon Parks e bañada musicalmente coa música funk-sould de Isaac Hayes –recibindo un Óscar pola B.S.O.-.
O  detective privado negro que será a figura arquetípica para futuras películas e subprodutos deste xénero marxinal –Blácula, Mandingo, Sugar Hill, Cleopatra Jones, Zebra Killer, etc- . A matización e construcción combativa de sinais de identidade cun forte impacto visual –fetichismo, pornografía, sexo, drogas- e sincronías compositivas de violencia explícita con oníricos recursos expresivos. A crúa simboloxía do Poder Negro.
Os negros en viñetas
O desenrolo tebeístico non deixou de lado a transgresión en forma destilada –eso sí- da raza negra nas viñetas. O primeiro superheroe negro da historia foi Black Panther –Pantera Negra-, creado por Stan Lee e Jack Kirby, que se integra xunto Os 4 Fantásticos. A creatividade dos historietistas continuarían con Black Goliath, Luke Cage, Power Man, Brother Voodoo, Falcon entre os principais e moitos escarceos entre os secundarios –axudantes- dos superheroes.
As viñetas de estética negra continuaron ata hoxe. A relación visual creativa nos cómis con negros pode interpretarse de tendencia estereotipada, cunha obsesión de recreación bufesca cercana ó esperpento. Establecendo os personaxes negros para historietas de aventuras selváticas, superheroes, humor, terror, sexo, underground, apócrifas e psicotrónicas. A natureza bizarra dalgunhas viñetas teñen como telón de fondo o pastiche, racismo e humor de dudoso gusto. Neste paseo visual, podremos ver sen artificios os arquetipos máis ásperos da raza negra nos cómics, os distintos aspectos estilísticos e os convencionais códigos visuais.
Eres un negro malo. Sí, bwana!
Nas xeneralizadas diagnoses dos negros en viñetas, demostran unha continuidade inmutable onde no carácter do relato son sometidos a humillantes obligacións no concepto gráfico. Escenas análogas e estructuras estereotipadas das tribus aborixesen paisaxes exóticos. Imaxes limitadas a acción do xénero de xungla e/ou aventuras selváticas onde os salvaxes son o reflexo do mal, adquirindo a escena o concepto visual de supremacía branca sobre a raza negra.
Os suplementos quincenais de aventuras e misterio dos anos 30, como a do detective Sexton Blake e o seu axudante Tinker en Misterio en África co debuxo da portada cunha visión que circunscribe o mal no prototipo negro malo, branco bó. As Revistas pulps publicaron nos anos 50 coleccións adicadas a historias da selva como Alce Bill, Bwana ou Black Boy. A formulación tebeística ofrece continuidades inmutables do xénero coa etnia africana, coma Roberto Alcázar y Pedrín, El Fin del Rey Negro, Jabato, Jorga “Piel de Bronce”, Tunca El Hijo de la Selva e Tamar entre moitas outras. De carácter extraordinario a destacar a revista sobre estudos e investigación da historieta, SUNDAY CÓMICS número 7/8 de 1980,  onde Mariano Ayuso –Editor-Director- condensa distintos puntos de vista do xénero de aventuras, chegando a publicar neste número “por primeira vez en España, unha obra de Hugo Pratt pouco difundida” do Capitán Cormorant.

*Podes ler a análise completa en dúas entregas en Qadriños, a bitácora dedicada en Praza á banda deseñada

Ningún comentario:

Publicar un comentario