Amosando publicacións coa etiqueta Guerrilla maquis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guerrilla maquis. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de febreiro de 2014

'O Piloto', o último guerrilleiro, o "home que agardaba"



O 15 de marzo de 1965 José Castro Veiga, O Piloto, era asasinado pola Garda Civil preto do encoro de Belesar mentres descansaba e comía algo sentado nunha pena. Era o derradeiro guerrilleiro antifranquista que resistía no monte, finado oito anos despois da morte de Facerías e cinco dende que caera Quiquo Sabater. Tiña 50 anos e pasara os últimos vinte fuxido, mantendo a loita contra a ditadura, moitos anos despois de que as guerrillas fosen disoltas oficialmente e cando a actividade de todos os demais guerrilleiros xa cesara. Como destacou Carlos G. Reigosa no seu Fuxidos de sona, nese momento O Piloto máis ca un guerrilleiro debía considerarse "un home que agardaba".
Foi soterrado no cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada), pero non foi até 1986, cando foi homenaxeado, que puido ter unha lápida e unha placa que lembraba o seu nome e a súa actividade. Aquel día, o 9 de marzo de 1986, un grupo de amigos xuntáronse alí para recordalo, vellos compañeiros do Partido Comunista e da Guerrilla, entre eles Camilo de Dios. Estaba tamén a súa inseparable compañeira Ramona Mirella Curto e mesmo Enriqueta Otero, que durante anos foi tamén guerrilleira.
Algúns dos organizadores desa primeira homenaxe están a preparar un acto semellante, que se celebrará no mesmo lugar o vindeiro 10 de marzo. Fano "en réxime de convocatoria aberta", á que se poden sumar todas as persoas que queiran "para que siga viva a súa memoria e a de todos aqueles que loitaron e morreron polas liberdades". "Debe ser un acto no que participen e ao que acudan todas aquelas persoas que o desexen, independentemente da súa militancia política e da súa condición ideolóxica" -destacan- "todos os que queiran terán tempo para falar, para cantar, recitar e, mesmo, para chorar. Só quedarán mal vistos aqueles que vaian con arelas de acaparar protagonismo político. Será un acto aberto, cooperativo, sincero, sinxelo  e de axuda á recuperación da memoria da Guerrilla e dos guerrilleiros", do que nas vindeiras semanas se coñecerán máis detalles e os seus participantes. Por exemplo, os seus organizadores están pendentes de que a saúde de Camilo de Dios lle permita acudir. Todas persoas que queiran participar deben apuntarse no correo electrónico paralembranza.piloto@gmail.com.
20 anos no monte
José Luís Castro Veiga naceu no Corgo o 11 de febreiro de 1915 e aos 16 anos ingresou como voluntario na Aviación militar española (de aí o seu alcume) chegando ao grao de Cabo. Cando comezou a Guerra Civil, desertou do bando nacional para loitar no republicano. Capturado en Madrid en 1939, foi condenado a 30 anos de cadea, pero foi indultado tras cumprir catro, en 1943. En 1945 regresa a Galicia e pasa á clandestinidade como militante do PCE, entrando en contacto cos guerrilleiros e botándose ao monte no verán dese ano. As guerrillas mantiveron unha intensa actividade nos anos seguintes, até comezos dos anos cincuenta. O grupo liderado polo Piloto actuaba principalmente nunha ampla zona entre Castroverde, O Corgo e Sobrado chegando até Asturias e León, pola comarca dos Ancares.
O 27 de maio de 1954, nun duro enfrontamento, perdeu a meirande parte dos seus homes na zona de Paradela. Dende entón, até a súa morte, permaneceu oculto, realizando de cando en cando golpes económicos (atracos), xustificando sempre políticamente estes roubos, afirmando que actuaba en nome da autoridade republicana. Puido resistir, así mesmo, grazas á colaboración de amigos e de numerosos veciños destas comarcas, que lle ofrecían refuxios seguros que tiña que cambiar continuamente, para evitar ser descuberto. A construción do encoro do Peares acabou con algúns dos seus refuxios habituais, por exemplo os situados na aldea chantadina de Sernande.
O 10 de marzo de 1965 O Piloto entrou a roubar na casa dun empresario gandeiro da parroquia de Rebordaos (O Saviñao). Ao igual que noutras ocasións, fíxoo "en nome da República". Porén, o fillo do propietario seguiu a José Luís Castro Veiga até o monte e chamou a Garda Civil, informando da situación do fuxido. O Piloto recibiu un disparo mentres estaba comendo, algunhas fontes din que na cabeza, outras que na barriga. A prensa da época publicou informacións breves sobre o sucedido, destacando que as autoridades acabaran coa vida dun "forajido tristemente famoso, célebre asesino y responsable de una partida de malhechores", obviando a súa condición de loitador antifranquista.
Do Piloto cóntanse moitas anécdotas e historias, algunhas difíciles de verificar, pero polo xeral destácase a súa firmeza de carácter e a súa dureza no combate. Tamén a súa astucia e intelixencia, que lle permitiron soportar case en solitario unha persecución de 15 anos. Dise, por exemplo, que nunha ocasión, nas festas da parroquia de Diomondi (O Saviñao), fíxose pasar por vendedor de xamóns e mesmo convidou a unha ronda á xente do lugar e tamén a un grupo de gardas civís. Non foi recoñecido por ninguén.

domingo, 8 de decembro de 2013

65 aniversario do fusilamento de dous líderes maquis


José Gómez Gayoso, secretario do Partido Comunista en Galicia, e Antonio Seoane, xefe da Guerrilla Galega. Chegaron peticións de todo o mundo pedindo a súa liberación.
Por Lois Pérez Leira | Vigo | 05/11/2013 galiciaconfidencial.com

O 6 de novembro de 1948, exactamente ás 7 e 45 minutos, no 'Campo das Ratas' na Coruña eran fusilados dous dos principais dirixentes as guerrillas que aínda combatían contra o Franquismo; eran José Gómez Gayoso, secretario do Partido Comunista en Galicia, e Antonio Seoane, xefe da Guerrilla Galega.
"Viva o partido comunista! Viva a Pasionaria!", foron os seus últimos berros. Gayoso e Seoane eran importantes dirixentes comunistas que chegaran do exterior para reorganizar o Partido Comunista de España. Logo de residir en distintas cidades radicáronse en Galicia. Desde facía algúns anos a Garda Civil estaba detrás deles. As súas heroicas accións deixaban en ridículo á Ditadura. Había que terminar con eles para dar un escarmento a toda a oposición, que aínda vivían clandestinamente en España.
Goñez Gayoso tiña unha longa militancia política, aínda que nacera en Maceda- Ourense, incorporarase ao PCE en Vigo, onde se radicou a súa familia. Foi Secretario do PCE en Galicia durante a segunda republica e durante a contenda militar en defensa da legalidade democrática, ocupo tarefas de moita importancia nos equipos vinculados ao Comité Central do seu partido. Era moi coñecido durante a guerra, polos seus discursos en galego. Cun altoparlante dirixíase aos seus compatriotas que estaban a pelexar ao lado fascista.
Durante a guerra foi nomeado Comisario Político e foi convidado á URSS onde coincidiu con Alfonso Castelao. Cando termino a contenda, despois de pasar polo campo de concentración en Francia, exiliouse en Cuba.
Antonio Seoane
Antonio Seoane, pola súa banda, chegara con 5 anos do seu Boiro natal até Buenos Aires. Alí formou parte da Federación de Sociedades Galegas e foi un dirixente moi importante dos Comités de Axuda á Republica. No transcurso da guerra afiliouse ao PCE.
A Garda Civil, informada da presenza de Seoane na Coruña, prepara a súa detención. O 10 de xullo de 1948 organízanlle unha trampa nun bar da cidade herculina e é detido xunto á súa compañeira sentimental. Nesa operación represiva caen tamén José Gómez Gayoso; Juan Romeu Ramos, obreiro; José Batrina, médico; José Ramos Díaz, xastre; José Rodríguez Campos, obreiro; e catro mulleres, tres delas son: María Blázquez, obreira, á que lle perforaron o estómago dun tiro; Clementina Gallego, que queda case paralítica dunha perna e Carmen Orozco, mestra nacional, en grave estado con lesión cardíaca.
No amañado xuízo que lles fixeron, Gómez Gayoso nun discurso de 18 minutos de forte contido político, valente e dramático, denunciou ao tribunal que os xulgaban e ao réxime franquista.
De todos os detidos soamente Gayoso e Seoane son fusilados. Durante o tempo que estiveron na prision, desde todos os lugares do mundo, chegaron peticións pola vida de ambos os dous loitadores antifranquistas.
"Que sexa un comunista fiel e honrado"
Gayoso nunha carta á súa muller Concha Abad que residía en Cuba, escríbelle sobre o seu fillo 'Pepe':
"Pídoche, suplícocho, que o eduques como eu quixen, para que el sexa un comunista fiel e honrado como o foi o seu pai. Ensínalle o amor ao pobo, aos traballadores, a España, a patria querida pola que o seu pai deu a vida. Edúcao no respecto e o agarimo aos dirixentes do Glorioso Partido Comunista de España, á nosa camarada Pasionaria. Este é o meu último rogo a ti, a compañeira e camarada. Estou seguro, porque te coñezo, polo que hai de honradez política en ti, que o cumprirás".
Na Arxentina a Federación de Sociedades Galegas envioulle unha carta ao Xeneral Perón para que mediase ante o ditador Francisco Franco. Tamén lle chegaron cartas ao Papa para que parase a execución.
A pesares de pasar 65 anos, Gayoso e Seone seguen sen recibir o recoñecemento merecido no Estado.Terá que ser a xustiza Arxentina a que repare a memoria destes dous loitadores antifranquistas e dos milleiros dos seus camaradas asasinados por defender os ideais da Republica e do socialismo.

xoves, 27 de decembro de 2012

66 anos da 'Batalla de Cambedo'


Redacción | @prazapublica
O Cambedo é unha pequena aldea situada na raia seca entre Galicia e Portugal, preto de Chaves. O 20 de decembro de 1946 centos de gardas civís e gardas republícanos portugueses cercaron un grupo de guerrilleiros antífranquistas que se iran alí. Foron asasinados e nos días seguintes foron detidas 65 persoas. Cambedo da Raia, o mesmo que outras aldeas coma Torre do Couto, Vilar de Nantes ou Cima de Vila da Castanheira, era un paso obrigado para os refuxiados e exiliados que escapaban do franquismo, case sempre de paso para Latinoamérica ou Europa. E tamén un bo acocho para os guerrilleiros e para as persoas que fuxían da garda civil.
A finais de 1946, varios grupos de guerrilleiros que se refuxiaban no norte de Portugal prepararon unha xuntanza para analizar a situación en España e Europa no cotexto do final da Segunda Guerra Mundial e da permanencia, consentida polas potencias occidentais, da ditadura franquista. Membros da Garda Civil que estaban infiltrados nas guerrillas informaron os seus mandos desta xuntanza e prepararon unha operación xunto coa Garda Nacional Republicana salazarista. Tamén se conta que a operación foi consecuencia dos preparativos para asaltar o palacete de Domingos Veiga Calvâo, un rico home portugués.
Fálase de que no amencer dese día ao redor de 1.200 gardas españois e portugueses cercaron a aldea. Ás sete da mañá prodúcese o primeiro ataque e ao longo do día prodúcense varios tiroteos entre os axentes e os guerrilleiros protexidos nalgunhas casas -a da Escolástica, a do Adolfo, a do Mestre, a da Silvina e a da Engrácia-. Mesmo se chega a bombardear unha das casas con 30 morteiros lanzados dende un monte próximo. Os habitantes da aldea, ao redor de 300, viviron momentos de angustia e terror, entre os disparos das ametralladoras, o lanzamento de granadas de man, de gas lacrimóxeno, de bombas incendiarias e palleiros ardidos. Na batalla morreron os guerrilleiros Bernardino García e Juan Salgado Riveiro e foron apresados Demetrio García Álvarez ou Manuel Bárcea. A casa da Albertina, a máis danada  polo bombardeo, nunca foi reconstruída. Permanece em ruínas, como testemuño da represión.
Nos días seguintes foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, entre os cales dezoito veciños do mesmo Cambedo. A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moito os contactos co estranxeiro.

mércores, 27 de xuño de 2012

Galicia podría haber sido Normandía


‘War Zone’, una investigación que tendrá próxima parte, ahonda en el papel “estratégico” del noroeste peninsular durante la II Guerra Mundial
“Siento confirmarle, doctor, que, en efecto, va a tener que marcharse. La Gestapo nos acecha constantemente”, le dijo Samuel Hoare, el embajador británico, en su despacho. “Ya han muerto cuatro de nuestros agentes en España y no puedo permitir que usted sea la quinta víctima. Me notifican que están enterados de sus actividades en la vía de escape española, y ni siquiera en su finca gallega estamos seguros de poder mantener el anonimato. Nuestra máxima prioridad es que España no entre en guerra. Cualquier cuestión que lo entorpezca tendrá que evitarse”.
Al otro lado de la conversación que los historiadores Emilio Grandío y Javier Rodríguez recogen en War Zone (Eneida, 2012) estaba Eduardo Martínez Alonso. El cirujano vigués trabajaba entonces, enero de 1942, para el Special Operations Executive (SOE) del espionaje británico. No era un agente cualquiera. Su “finca gallega”, situada en A Portela (Redondela), era en realidad pieza esencial en una de las redes de evasión de refugiados que atravesaban la ratonera de Franco de extremo a extremo, desde la frontera francesa hasta Portugal. A solo tres kilómetros ría abajo, los alemanes tenían dos embarcaderos de wolframio. Rande era un auténtico nido de espías.
“La guerra en Galicia no se acabó en 1939”, explica Grandío para ampliar la fotografía de la época. “Tuvo continuidad a través del régimen franquista y de la II Guerra Mundial. El noroeste de la península ibérica se había convertido en un objetivo estratégico. Por un lado, por su ubicación privilegiada para la vigilancia del tráfico marítimo, el aprovisionamiento de buques y el apoyo en combates navales. Por otro, por su cercanía a la frontera portuguesa y, sobre todo, por la producción del valioso wolframio. Tanto los aliados como las potencias del Eje tenían planes de invasión que podrían haber convertido la costa de Lugo y el norte de A Coruña en una nueva Normandía”.
El trabajo que ha dado lugar a este volumen colectivo, en el que participan otros cinco investigadores, trata de ir más allá de los tópicos sobre el oro negro y las escaramuzas nazis en los puertos atlánticos para precisar el relato de un episodio todavía “poco conocido”, insiste Grandío, de la historia de Galicia. La diferencia la marca aquí, reconoce el profesor de la Universidade de Santiago, el acceso a la documentación del espionaje británico que se conserva en Kew Gardens, al suroeste de Londres, donde tienen su sede los National Archives. Financiada por el Ministerio de Presidencia en 2010, la investigación continuará ahora con otra cala entre 1945 y 1953.
Fueron precisamente los servicios secretos británicos los que calificaron Galicia como zona de guerra, y de ahí el título. “No había trincheras”, matiza Grandío, “pero da igual. Si uno va un poco más allá de los submarinos nazis y otros aspectos más conocidos, se encuentra por ejemplo con una movilización masiva de tropas hacia el norte, miles de soldados instalados en campamentos provisionales cerca de la costa”. A eso hay que sumar la reorganización de la resistencia clandestina, tras la salida de la cárcel de antiguos militantes capturados en 1936, y la progresiva articulación de las bolsas de huidos, que poco a poco superan la mera lucha por la supervivencia para fijarse objetivos políticos. Tampoco Gran Bretaña era ajena a estos movimientos en los montes.
War Zone describe minuciosamente en más de 300 páginas salpicadas de documentación desclasificada la ambigua posición de los británicos, que coquetean desde el primer momento con una hipotética restauración monárquica encabezada por Don Juan —el “retorno a aquellos modos de gobierno genuinamente españoles”, como le llamaban los militares afines al golpe dentro del golpe— y la no menos trilera actitud de Franco, que mantenía un canal de interlocución con la diplomacia aliada mientras se entregaba al Eje, a veces con escaso disimulo. Himmler y Serrano Suñer acordaron en octubre de 1940 un protocolo que permitía a la Gestapo y al SD moverse a su antojo en España, y a lo largo del año siguiente el régimen llegó a multiplicar por siete su balance comercial de comestibles y minerales con las tropas nazis.
El embajador Samuel Hoare conocía todo esto al detalle gracias a su red de información, y en agosto de 1943, durante una reunión con el dictador en el Pazo de Meirás, lo puso sobre la mesa exigiendo una respuesta y un cambio de actitud. Era, según Grandío, el momento más difícil que iba a atravesar Franco en 40 años de poder absoluto. La victoria del Eje era cada vez más improbable y la oposición monárquica se hacía fuerte entre los militares golpistas, pero los servicios secretos británicos acabarían dando un paso atrás. En el año 1945 las cosas habían cambiado mucho, tanto dentro como fuera. El mayor general Stewart Menzies, jefe del MI-6, lo tenía claro: “No sabemos lo que la mayoría de los españoles siente realmente. Aún existe una fuerte fracción comunista y hay nazis dando vueltas. Pero gracias a Dios, políticamente España está quieta por el momento...”.
Nuevos documentos sobre el Ejército Guerrillero
El Ejército Guerrillero de Galicia no nació de la nada. Fue el producto de una escisión en la primera estructura armada antifranquista que operó en todo el territorio español, la Federación de Guerrillas de León-Galicia (FGL-G). Lo explica el investigador Alejandro Rodríguez en uno de los capítulos de War Zone a partir de los documentos del sexto congreso de la organización, que tuvo lugar en la más rudimentaria clandestinidad, en enero de 1946. Allí se materializó la ruptura, anticipando el principio del fin de la federación que habían creado cuatro años antes, el 24 de abril de 1942, dos docenas de resistentes en las peñas cercanas a Ferradillo, en San Esteban de Valdueza (León).
“Contra lo que dice el tópico, la guerrilla no fue solo comunista”, explica Rodríguez, que estudia la resistencia armada en la Europa de la II Guerra Mundial para su tesis doctoral en la Universidad de Santiago. “Al contrario, el PCE dinamitó ese primer modelo unitario de la federación, aunque luego le daría continuidad en su propia estructura, mucho más activa en el sabotaje al régimen”.
War Zone revisa el relato de la resistencia armada en Galicia desde los ensayos organizativos tempranos, con la llegada de cuadros asturianos incapaces de huir a Portugal y la articulación de unos estatutos y una “dirección ambulante” en diciembre de 1941, hasta la creación de la FGL-G bajo un estricto código de unidad económica, política y disciplinaria y un mando tripartito: un socialista, un comunista y un anarquista. La ruptura con Unión Nacional Española, controlada por los comunistas, en favor de la Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, de republicanos, socialistas y anarquistas, aceleró la escisión. La tercera agrupación, que operaba en Lugo y A Coruña, se fue para iniciar una nueva etapa bajo el ala del PCE: el Ejército Guerrillero de Galicia.