Amosando publicacións coa etiqueta galeguismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galeguismo. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de xaneiro de 2014

Un facho aceso 50 anos


O 23 de decembro de 1963 naceu na Coruña a Asociación Cultural O Facho, nunha primeira xuntanza de socios celebrada na cafetaría Linar, pero foi realmente en xaneiro de 1964 cando a asociación comezou a desenvolver as súas primeiras actividades. Este venres 24 O Facho celebra o seu 50 aniversario, cunha palestra sobre o nacemento nos anos sesenta e setenta de esta e outras agrupacións culturais en toda Galicia, a cargo do profesor Ricardo Gurriarán (salón de actos da ONCE, ás 19.30 horas) e unha cea de irmandade, a partir das nove da noite no Hotel Riazor. A actividade do Facho, xunto coa do Galo en Compostela ou a Asociación Cultural de Vigo, foi a terra na que creceu e se fortaleceu un movemento opositor á ditadura e unha renovada conciencia de defensa da lingua e cultura galegas.
No caso do Facho, todo partiu dun chamamento na prensa realizado no verán de 1963 por dous estudantes coruñeses, Henrique Harguindey Banet e Andrés Salgueiro, solicitando a participación de todos aqueles interesados na creación dunha "agrupación de cultura gallega". Na súa popular sección Pluma de Medioanoche o xornalista Luis Caparrós escribía que "La idea, aún sin ser nueva, es buena. Todo lo que huela a gallego, como todo lo que huela a cultura, es siempre conveniente y admirable". Este e outros documentos poden ser consultados na web da Real Academia Galega, institución á que O Facho doou o seu arquivo en 2012. Esta chamada atraeu un grupo de persoas que xa en outubro comezaron a deseñar a estrutura, estatutos e actividade da asociación. A primeira directiva do Facho estivo constituída por Henrique Harguindey Banet, presidente; Leopoldo Rodríguez Regueira, secretario; Xermán Muñiz Castro, tesoureiro; Enrique Iglesias Conde e Elena Rosa López Meneses, vogais.
Traballaba e construía en terreo hostil, quedaban aínda moitos anos de ditadura por diante, e O Facho tivo que enfrontarse á presión do réxime e a sancións. En 1973, por exemplo, recibiu unha multa de 5.000 pesetas, imposta polo Gobernador Civil da Coruña, pola lectura dun poema de Xosé Luís Franco Grande e doutro de Arcadio López Casanova. A pesar dos contidos esencialmente culturais das actividades do Facho, a súa soa existencia era sospeitosa e xeraba malestar no réxime. O Facho era un lugar de debate nun tempo no que o debate non estaba permitido, e converteuse así nun punto de encontro de moita xente que quería ollar fóra, cara a outras realidades. Como sinala J. Alberte Corral Iglesias, o actual secretario da asociación, O Facho "foi unha ferramenta fulcral na resistencia cultural do pobo galego contra o etnocidio que estaba a levar contra nós a tiranía".
Corral Iglesias destaca que "O Facho é a primeira agrupación cultural nunha cidade galega creada por cidadáns da mesma. Ademais nace levando en si mesma persoas de diferente extración social e ideolóxica". Porén, subliña que "foi unha mágoa que co xurdimento do novo réxime político se abandonara a actividade cívico cultural pensando que ocupando postos políticos chegaba para reconstruír o país, e isto dígoo non sendo malicioso senón ben pensado". Engade que "sen un tecido cívico e cultural é imposible artellar un proceso emancipador, e para acadar o mesmo é preciso non unha senón centos de asociacións culturais que incen Galiza de preguntas e de reflexión sobre nós mesmos, pois somos en tanto que facemos e no que facemos".
Teatro e lingua
O Facho comezou a desenvolver unha intensa actividade cultural, con conferencias, concertos e exposicións, pero nas súas primeiras décadas de historia destacou, sobre todo, en dous eidos, no que construíu estruturas moi importantes e moi populares onde case non había nada: o teatro e o ensino da lingua galega. En 1965 créase o Grupo Teatral O Facho, no que participaron Manuel Lourenzo o Francisco Pillado. O grupo levou a escena un bo número de obras de autores, tanto galegos como estranxeiros, cuxos textos eran traducidos, en moitas ocasións, polos propios compoñentes da agrupación, como por exemplo A feira dos criados, de Bertolt Brecht, en 1966 ou Antígona, de Jean Anouilh no 70. A este respecto J. Alberte Corral Iglesias, sinala que "non podemos entender a existencia do teatro galego nin da literatura infantil sen os concursos do Facho e a constitución dos primeiros grupos de teatro amador estables".
Xa en 1964 a asociación organizou o primeiro dos seus cursos de lingua galega, en cuxo deseño colaborou Leandro Carré Alvarellos. Unha das súas grandes preocupacións era que estes cursos chegasen á maior cantidade de xente posible, polo que puxeron unha especial énfase en que tivesen presenza a través dos medios de comunicación. Nos anos setenta e oitenta mantiveron as seccións en galego "Arco da vella" en El Ideal Gallego e "Contos de nenos galegos" en La Voz de Galicia. Tamén destaca, neste senso, a edición do libro O galego hoxe: curso de lingua, realizado polo equipo de lingua da asociación e aditado por La Voz de Galicia en 1978 e que tivo unha difusión masiva en todo o país, sendo ademais "o primeiro libro de ensino do galego editado despois da República", como destaca J. Alberte Corral Iglesias. 
E tamén na radio, realizando entre 1973 e 1978 o programa radiofónico en galego "Da terra e dos tempos", emitido por RNE. Unhas emisións, aparentemente inocuas e que non deberían molestar a ninguén, pero que de feito si o facían, como o demostra un escrito remitido á dirección de RNE na Coruña, que pedía a supresión "de esta vergonzosa propaganda del veneno galleguista antiespañol". Como lembra Corral Iglesias, O Facho representou o mellor daquela Coruña "na que naceron as Irmandades da Fala, constituise a Academia Galega como realidade fáctica e nos tempos mais crueis da tiranía foi unha das cernas do renacer do Movemento Obreiro galego, de organizacións políticas para a loita contra a barbarie do clerical-fascismo".
O Facho convocou igualmente un bo número de certames literarios, de contos infantís, poemas e teatro infantil en galego, e mesmo algún de banda deseñada ou de redacción na nosa lingua. Abonda con repasar a lista de gañadores e gañadoras para decatarse da importancia que estes premios, naqueles anos, tiñan para unha cultura galega en absoluto normalizada: Carlos Casares (gañador do certame de Conto para nenos, 1968 e Teatro infantil, 1973), Bernardino Graña (Conto para nenos, 1969), Dora Vázquez (Contos para nenos, 1976), Manuel Lourenzo (Teatro infantil, 1975 e 1981), Manuel Rivas (Poesía, 1978), Pilar Pallarés (Poesía, 1979), Jaraba (Banda deseñada, 1980) ou Miguel A. Fernán Vello (Poesía, 1981).
O futuro da asociación
O Facho pasou por épocas mellores e peores que, como sinala o actual secretario da asociación, se cadra foron "os anos anteriores a nos facer cargo a actual Xunta Directiva". "De certo" -engade- "O Facho estaba em situación de extinción". De cara ao futuro, di, "tentaremos aumentar o número de asociados, pois iso significaría non só máis recursos financeiros para as actividades, senón sería unha mostra do crecemento da concienciación nacional de nós, como pobo e nación". Conclúe que "a pesar dos infernos creados pola reacción actual e pasada, somos um pobo que paremos bos e xenerosos que teñen os humildes como eixo existencial do seu quefacer. É bo lembrar que xente modesta e aguerrida en tempos moi duros tiña este saúdo ao se encontrar: Saudiña e canta o melro! Existe algo mellor para nos definir?"

venres, 14 de decembro de 2012

A 'constitución' galeguista do 6 de decembro


David Lombao | @davidlombao Praza pública
O 6 de decembro é, segundo o calendario de días festivos vixente en todo o Estado, o Día da Constitución, e nel conmemoráse o referendo da Carta Magna española, celebrado nese día en 1978. Corenta e sete anos antes en Galicia celebrouse outra 'constitución', menos lembrada na actualidade pero de importancia para o país dada a súa influencia, por exemplo, na loita polo Estatuto de Autonomía de 1936, base para o acceso ao réxime autonómico posterior ao franquismo. Esta 'constitución' foi a do Partido Galeguista (PG) que, convocada como "VII Asambreia do nacionalismo" tiña como obxectivo fundamental, segundo deixou escrito Alexandre Bóveda, a "unificación da laboura galeguista en toda Galiza".
Ao abeiro da dinámica iniciada na primeira asemblea nacionalista de 1918, auspiciada polas Irmandades da Fala e celebrada en Lugo, os grupo de galeguistas de Pontevedra -entre os que estaba o propio Bóveda, ademais de Cruz Gallástegui, Filqueira Valverde e moitos outros- foi, xunto co da Coruña, o gran animador do proceso previo á asemblea, á que concorreron dende outros puntos do país persoeiros como Valentín Paz Andrade, Manuel Lugrís Freire, Antonio Alonso Ríos, Álvaro das Casas ou o propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Durante unha xornada preparatoria e dúas máis da propia asemblea, os galeguistas definiron o seu modelo organizativo e os principais obxectivos polos que loitarían no contexto da II República Española, acabada de estrear apenas oito meses antes.
Co dereito de autodeterminación como horizonte, o obxectivo político máis inmediato polo que decidiu loitar o PG foi o Estatuto de Autonomía no marco republicano. Xunto a estas grandes liñas, da asemblea de Pontevedra emanou un primeiro "programa de acción" para comezar o traballo político desta primeira organización unitaria do nacionalismo. No seu limiar os membros fundadores do partido incluíron, moi sinteticamente, a súa definición do país: "unidade cultural", "pobo autónomo", "comunidade cooperativa", "célula de universalidade".
Estatuto e fin das deputacións
No que se pode considerar como primeira proposta programática do PG é posible atopar reivindicacións moi propias da época xunto con outras que aínda permanecen vivas no debate político galego. Así, por exemplo, no que atinxe á "organización de Galicia" os galeguistas reclamaban a "creación dun organismo galego con base exclusivamente democrática e con facultades deliberantes para rexir, con autonomía integral, os intereses de Galicia". A "aspiración mínima e inmediata" sería que ese organismo lograse a "atribución do máximo de facultades que a Constitución da República concede aos territorios autónomos".
A posta en marcha dun organismo de goberno autónomo para Galicia tería que traer consigo, a xuízo dos galeguistas, a "conseguinte supresión das deputacións provinciais", "plena autonomía municipal, recoñecendo a personalidade administrativa da parroquia rural e da comarca" e a "incorporación a Galicia das terras colindantes que teñan comunidade étnica, histórica e lingüística con ela, sempre que se determiñen a isto por medio do plebiscito". Algúns destes principios ficarían tamén reflectidos, pouco despois, nos traballos de elaboración do Estatuto.
Democracia directa e veto á corrupción
O mesmo documento bosquexaba tamén unha proposta de funcionamento político ordinario para o país, a comezar pola "igualdade de dereitos políticos para a muller" e a "incapacidade dos que, podendo, non rendan función útil á colectividade, para seren elixidos para cargos políticos". Abordábanse tamén neste apartado cuestións aínda pendentes na actualidade, como "unha fórmula que permita os emigrantes ter representación directa na organización política de Galicia", a "representación proporcional, con grandes circunscricións" ou a "adopción de procedimentos eficaces que eviten a corrupción electoral e o falseamento da vontade popular". Todo isto produciríase nun contexto de "práctica da democracia directa" nas institucións galegas, con mecanismos como o "referendo" e o "concello aberto". 
Nun escenario no que os responsables políticos terían, a xuízo do PG, que ter "responsabilidade económica" se lles causasen "dano aos particulares" dende a Administración, o programa galeguista abordou tamén cuestións sectoriais, como necesidade de que se aplicasen en Galicia "as normas internacionais da lexislación do traballo", incluíndo o "recoñecemento dos dereitos sindicais" e a "eliminación dos menores de 16 anos do traballo industrial". Do mesmo xeito, propúñanse "medidas lexislativas que favorezan a organización cooperativa e sindicación" no agro galego, a "repoboación forestal patrimonio de Galicia" ou a "regulamentación da edificación rural en orde á hixiente e de acordo co arte paisán". Para isto último estableceríanse "estímulos económicos".
A concentración parcelaria, a fin dos foros, o arrendamento de fincas ou a "exención da contribución" dos predios dos pequenos propietarios eran outras das iniciativas daquel primixenio programa galeguista, que non esqueceu iniciativas fiscais como o "dereito de expropiación nos casos de ocultación fraudulenta" ou a "creación dun imposto progresivo sobre a renda", plans para a "galeguización do ensino" ou cuestións tan específicas da época como a "igualdade de dereitos civís para a muller casada no caso de emigración do marido".
A eterna lea polas siglas do PG
Dende os primeiros pasos da actual autonomía non foron poucas as voces que se reclamaron herdeiras do espírito do Partido Galeguista de Bóveda e Castelao, xa fose coas súas siglas ou sen elas. A das siglas é precisamente unha das liortas máis recorrentes, ligada coas diversas fundacións e refundacións que se fixeron no seu nome. Así, xa en 1978 se puña en marcha unha destas refundacións, con membros históricos do partido entre os que figuraba Avelino Pousa Antelo, elixido secretario xeral e, pouco despois, presidente.
A formación renacida en 1978 decidiu concorrer ás eleccións xerais e tamén aś autonómicas con Unidade Galega, apostou polo voto afirmativo ao Estatuto de 1981 e tamén se presentou ás municipais. Xa en 1983 situaríase á súa fronte Henrique Rodríguez Peña, baixo cuxo liderado un congreso do partido decidiu, en 1984, a integración en Coalición Galega, o que implicou a marcha de representantes históricos como Manuel Beiras ou o propio Pousa Antelo. Algúns dos membros que ficaron confluirían despois no PNG-PG, que remataría por integrarse no BNG, do que marcharon hai poucos meses.
A segunda refundación máis salientable baixo as siglas do PG produciuse en 2004, con dirixentes como o ex alcalde de Vigo Manuel Soto á fronte. Esta formación concorreu a varias eleccións e aglutinou a diversas formacións locais, algunhas das cales abandonaron as siglas históricas para iniciar a súa andaina en solitario, como Terra Galega. Esta formación deu lugar a controvertidos episodios como a apoio en 2007 ao actual líder do partido Unión Coruñesa, Carlos Marcos, que realizou baixo as siglas do PG unha campaña integramente en castelán reivindicando, entre outros aspectos, a oficialidade do topónimo La Coruña

venres, 17 de agosto de 2012

La infamia del 36, según Ben-Cho-Shey


Hallado un diario del polígrafo ourensano sobre el golpe fascista en Lugo
Es 2 de agosto de 1936. El golpista comandante Manso es enterrado en Lugo. Entre la multitud presente, un obrero levanta el puño y entona la consigna UHP (“Uníos, hermanos proletarios”). En el acto recibe dos tiros de pistola que acaban con su vida.
El relato, de crudeza telegráfica, figura en un diario personal hasta ahora desconocido: el que el polígrafo ourensano Xosé Ramón e Fernández-Oxea, alias Ben-Cho-Shey, escribió en la ciudad amurallada entre el 19 de julio de 1936 —día siguiente al alzamiento— y el 21 de agosto del mismo año. Ben-Cho-Shey está en Lugo como inspector de educación, pero además es presidente provincial del Partido Galeguista, cargo que en el nuevo contexto resulta letal en potencia. El diario en el que durante cinco semanas consigna las infamias de los sublevados, sin escatimar críticas, podría haberle costado caro.
Xoán Ramiro Cuba, investigador de la Diputación de Lugo, ignora cómo preservó Fernández-Oxea esa y otra documentación comprometedora. Lleva un par de meses buceando en el archivo personal de Ben-Cho-Shey, albergado en la biblioteca de la Diputación de Ourense, para preparar una exposición sobre sus años lucenses. Dentro de una caja de diarios, “en un cuaderno perteneciente a un diario de 1918”, encontró las páginas datadas en el verano del 36. “Totalmente inédito”, recalca.
El diario pasó así a un primer plano dentro del Año Ben-Cho-Shey diseñado por el Área de Cultura de la Diputación de Lugo. Cuba trabaja ahora en la transcripción y notas al texto para preparar “cuanto antes” una edición comentada, “contextualizando los muchos nombres que aparecen”. En letra pulcra y legible, Fernández-Oxea da fe de los sucesos políticos de esos días de plomo: el asalto a la Casa del Pueblo de la calle Quiroga Ballesteros; la llegada como prisioneros de los carabineros de Ribadeo, leales a la República. Las anotaciones no tienen desperdicio. 5 de agosto: “Llegan mis padres y Teresa, que vienen asustados de las bestialidades que cometen los fascistas en Ourense”. En otro momento: “Hoy he sabido que hay orden de detención contra mí, Fole y Piñeiro”.
A su llegada a Lugo, en 1935, Ben-Cho-Shey había sucedido al fallecido Reinaldo Gómez al frente del Partido Galeguista en la provincia, con Ánxel Fole como secretario. Esta adscripción le cuesta en 1937 una suspensión de empleo y sueldo de tres meses. Le siguen el destierro a Cáceres y más tarde a Toledo. El contenido de su domicilio de Lugo —libros, documentos, incluso muebles— encontró un alojamiento provisional en casa de su amigo Uxío Campo, padre de la escritora Marica Campo, en Val do Mao (O Incio). En años posteriores, Ben-Cho-Shey visitaría varias veces esa casa —“al menos tres”, apunta Cuba— y otros lugares de Galicia, donde no se priva de contactar con miembros del partido. Pero no volvería a residir en Galicia. Después de la guerra se instala en Madrid, la ciudad donde estudió Magisterio e hizo parte del servicio militar, hasta su fallecimiento en 1988.
El archivo personal del polígrafo que atesora la Diputación de Ourense incluye gran cantidad de documentos políticos, otros diarios —volvió a escribirlos entre 1939 y 1943—, recortes de sus artículos, cuadernos de notas, fotografías y unas 5.000 cartas de todas las épocas de su vida. Un patrimonio que el propio intelectual comenzó a depositar en la institución provincial en los setenta y cuyo traslado se completaría tras su muerte.
Es el legado de un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectología, heráldica, arqueología, etnografía, historia del arte e incluso creación literaria. De todo ello dejó constancia en Lugo, con investigaciones sobre escudos nobiliarios, patrimonio prerromano o iglesias románicas de la Ribeira Sacra. Pero Cuba, en particular, se está quemando las pestañas con el material inédito. Atrapado por la correspondencia —casi toda cartas recibidas; apenas hacía copias de las enviadas— que Ben-Cho-Shey mantuvo con correligionarios políticos, científicos, familiares y amigos o centros gallegos de América. Cartas que permiten reconstruir no solo una biografía personal, sino contextos como el del Partido Galeguista en Lugo durante el prólogo e inicio de la guerra. Correspondencia que tampoco ha sido editada.
Y los diarios, por supuesto: los de la inmediata posguerra son otra mina. En abril de 1940, Ben-Cho-Shey reseña que “ayer hubo en Valencia una concentración de 200.000 camisas, entre nuevas, viejas y remendadas”. Siempre “muchísimo humor y retranca, incluso en las cosas dramáticas”, subraya Ramiro Cuba. Aunque “hay días que me invade la desesperación”, anota el polígrafo aquel mismo abril. Por esa época, Ramón Piñeiro cumple condena en Madrid y la esposa de Fernández-Oxea, la andaluza Isabel Algarra, lo visita haciéndose pasar por su prima. Cuba caracteriza al ourensano como un hombre bueno machadiano, “que le hacía favores a todos, se relacionaba con todos, se carteaba con gente de todas las ideologías”. “Fole decía que era el mejor hombre que había conocido en su vida”, añade.
El equipo del Año Ben-Cho-Shey de Lugo pretende honrar su memoria al máximo. Está prevista una exposición biográfica, mesas redondas y una ruta guiada por sus pasajes lucenses. Se ha perdido la pista, en cambio, de su familia madrileña. “Tuvo una hija que, según las noticias que tengo, ha muerto”, explica Cuba. “Y esta tuvo un hijo al que no conseguimos localizar”. El tema no es baladí, porque está pendiente de aclarar si la edición del diario hay que negociarla con sus descendientes o con la Diputación de Ourense.
El coordinador del Año Ben-Cho-Shey lamenta el cierto olvido, “incluso con dificultades económicas”, que vivió el homenajeado en sus últimos años en Madrid. Probablemente ese olvido inspira su último sarcasmo, el epitafio grabado en su lápida del cementerio ourensano de San Francisco, donde pide que se omitan las honras post-mortem, porque las cosas “o se hacen a su tiempo, o no se hacen”.

luns, 9 de xullo de 2012

Estatuto do 36: "Quen non ten liberdade para gobernar a súa casa é un escravo ou un incapaz"


"Quen non ten libertade para gobernar a súa propia casa e rexer os seus propios intereses, sexa pobo, sexa persoa humana, ou é un escravo ou é un incapaz que precisa tutela". Quen fala apelídase Rajoy, naceu en Santiago e fixo parte da súa vida en Pontevedra. Estudou na Universidade de Compostela e exerceu como funcionario. Pero naceu en 1882 e morreu 84 anos máis tarde. Era republicano e galeguista, e esas dúas condicións levaron a Enrique Rajoy Leloup, avó do actual presidente do Goberno central, a ser un dos principais impulsores do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia, xunto a persoeiros da talla do seu amigo Alexandre Bóveda ou do propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Aquel primeiro texto autonómico plebiscitouse nas urnas hai setenta e seis anos, nun 28 de xuño que os galeguistas da época, escribiu Castelao en 1948, consideraron "o cerne máis outo da nosa cidadanía", un "acontecemento" que "ben merece a nosa reverencia, por ser a derradeira expresión democrática de Galiza, santificada máis tarde por un plebiscito tráxico de moitos miles de mártires".
Antes deses paso polas urnas o proceso de xestación do Estatuto tivo por tras unha importante proceso de traballo técnico, institucional e político, tamén de animación social e proselitismo. Recollendo as reivindicacións e sentimentos autonomistas dos primeiros compases do século pasado apenas un mes despois da proclamación da II República Española en abril de 1931, o Seminario de Estudos Galegos publicaba a súa proposta de anteproxecto estatutario, que ademais de texto articulado presentaba un elemento fundamental para os seus impulsores, a memoria económico-financeira redactada por Bóveda. O documento, subliñou Castelao dende o exilio, "demostraba con números que o réxime de autonomía integral era comenente (...) e non prexudicaba os demais pobos de Hespaña".
A proposta do Seminario foi, en boa medida, base para o inicio dos traballos no ámbito institucional das Cortes republicanas. Como sucedería décadas máis tarde co vixente Estatuto, unha comisión de deputados das catro circunscricións electorais galegas foi o xermolo para compoñer un texto que encaixase na Constitución da República. Así, por exemplo, foi necesario mudar a condición de "Estado autónomo dentro da República Federal Española" por "rexión autónoma dentro da República Española". Coa redacción da primeira norma oficial do autogoberno galego ben avanzada, a finais de decembro de 1931 o propio Castelao, xa membro do Partido Galeguista, acabado de fundar, advertía ante as cortes dun problema que cumpría resolver para que o proceso chegase a bo porto: "Galiza non conta cun organismo oficial que a represente". Polo tanto, explicaba, facíase imprescindible un decreto do Goberno central que lle dese a potestade a un órgano en concreto para aprobar inicialmente o Estatuto e sometelo a referendo.
Malia á apertura do Estado republicano, en Madrid non eran poucos os remisos a que Galicia seguise un ritmo semellante ao de Euskadi e Catalunya e o decreto fíxose agardar, concretamente, case dous anos. Pero mentres iso acontecía, os políticos galegos seguiron a traballar. Neste punto ten, de novo, unha especial relevancia a figura de Rajoy Leloup quen, cunha iniciativa presentada na súa condición de concelleiro en Santiago, impulsou ese órgano encargado de conducir a Galicia cara á autonomía. Mediante a lectura dunha carta que lle remitira Castelao explicou a importancia do Estatuto e propiciou a celebración dunha Asemblea de Concellos a mediados de novembro de 1932. Antes, en xullo do mesmo ano, unha asemblea preparatoria rexida por un regulamento que tamén redactara Rajoy recompilou en Santiago todo o labor estatutario que xa se fixera. Os deputados galegos nas cortes, os calcaldes, "os partidos políticos organizados en Galicia", as cámaras de comercio, as sociedades de amigos do país, as sociedades agrarias e a universidade foron convocadas a un cónclave que foi tamén o primeiro acto social a prol do Estatuto. Así, por exemplo, as xuntanzas máis técnicas -no paraninfo da Universidade, na actual Facultade de Xeografía e Historia- alternáronse cun plenario aberto a público e prensa, no Pazo de Raxoi, e un "acto en honra dos asembleístas forasteiros" no céntrico Hotel Compostela, aínda existente. O programa do evento incluíu un concerto da banda municipal e un "xantar popular" de 15 pesetas o cuberto, cantidade que tiveron que achegar todos os comensais, agás os xornalistas.
Asemblea de Concellos, campaña e referendo
"Todas as forzas vivas do país", segundo deixou escrito Castelao, se implicaron na Asemblea de Concellos, organizada por unha comisión que tiña como secretario a Arturo Cuadrado, xornalista e funcionario do consistorio compostelán que lle encargou ao notario Manuel Banet o "honroso requerimento" de recoller nunha acta todos os debates, un documento que permite, setenta e seis anos despois, coñecer todo o que alí aconteceu. Das actas de Banet é posible tirar que xa daquela estaban sobre a mesa debates que rexurdirían con forza, case con virulencia, na xénese do actual réxime autonómico. Así, por exemplo, o daquela alcalde da Coruña, Manuel Iglesias Corral, reclamou que no Estatuto figurase a súa cidade como sede da Asemblea -Parlamento- e, polo tanto, como capital de Galicia. Tras esa reclamación os representantes doutros municipios e dos partidos políticos fixaron posición. "En nome do Partido Galeguista", Valentín Paz Andrade "pediu á Asemblea serenidade para non deixarse influír por ningunha tendencia localista" e "excitou a todos á concordia polo ben de Galicia", recollen as actas.
Coa asemblea finalizada e o Estatuto aprobado -176 votaron a favor e 33 "reserváronse quince días" para decidir- púxose en marcha o Comité Central da Autonomía. Con Rajoy Leloup como secretario xeral, correspondeulle a este órgano negociar co Goberno da República a culminación dos trámites e tamén organizar a campaña previa ao referendo. Nesta liña, o comité lograba en maio de 1933 o ansiado decreto para poder chamar a cidadanía ás urnas, pero a vitoria electoral da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) e a apertura do Bienio Negro freou o proceso. "Os galeguistas xuramentámonos para gardar silenzo, a ver se o Goberno se esquecía de derrogar” o decreto, lembraba Castelao en 1948. E esqueceuno. Así, nas novas eleccións xerais, en febreiro de 1936, o Partido Galeguista integrouse na Fronte Popular coa reclamación de reactivar de inmediato o proceso autonómico. A Fronte venceu e en maio o referendo xa tiña data: o 28 de xuño.
En apenas un mes os políticos autonomistas, apoiados polos seus partidos pero tamén por artistas, intelectuais e representantes labregos despregaron unha intensa campaña de propaganda que rematou no que para algúns foi un evidentísimo éxito electoral e, para outros, un "santo pucheirazo". Con independencia das garantías procesuais o certo é que no resultado oficial figuraron 993.351 votos a favor e apenas 6.000 en contra. Cumprírase polo tanto "de maneira insuperábel", en verbas de Castelao, o requisito marcado pola República segundo o cal o Estatuto debía estar avalado por dous terzos do censo. Apenas dúas semanas despois, o 15 de xullo, unha delegación galega entregáballe o texto estatutario en Madrid aos presidentes das Cortes e da República. Tres días despois o xeneral Franco dirixía un golpe contra a República e orixinaba a Guerra Civil. A tramitación do Estatuto de Galicia comezaría dous anos máis tarde, coas Cortes exiliadas en Catalunya mentres as tropas franquistas seguían a avanzar polo Estado e sometían a Galicia a unha durísima represión.