xoves, 12 de xaneiro de 2012

Arxentina recibe datos da labor franquista de Fraga


A Comisión da Memoria Histórica da Coruña entrega a unha xuíza arxentina datos que proban que o ex-presidente da Xunta "foi partícipe e cómplice de toda a política represiva contra o pobo".
Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/01/2012
María Servini é unha xuíza federal da Arxentina que reactivou a investigación sobre o franquismo o ano pasado. A xuíza xa solicitou ao Goberno Español os nomes e domicios dos ministros e xefes das forzas de seguridade entre 1936 e 1977.
Faino como instrutora da causa aberta no seu país en virude dos principios de xustiza universal, polo que pode investigar os crímenes de lesa humanidade sucedidos noutros estados. A Xustiza española non colaborou polo de agora, pero a Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Coruña dá un paso adiante e de motu propio entrega os datos referidos a Manuel Fraga, o galego ex-ministro da ditadura fascista e ex-presidente do PP e da Xunta.
A Comisión entregou a documentación recompilada no consulado arxentino en Vigo hoxe xoves as 13 horas con destino a Servini. A plataforma entede que "Manuel Fraga debería formar parte da causa que a xuíza Merini ten aberta en Arxentina para investigar os crimes do franquismo, xa que desde o Consello de Ministros foi partícipe e cómplice de toda a política represiva contra o pobo: fusilamentos, cárceres, campos de concentración, despidos, exilio, Tribunal de Orden Público, graves violacións dos dereitos humanos, expedientes a xornalistas, peche de medios de comunicación e asasinato de traballadores".
Dende o alzamento fascista liderado por Francisco Franco morreron un millón e medio de persoas e desapareceron miles de persoas en episodios relacionados coa violencia política.

Ningún comentario:

Publicar un comentario