luns, 17 de setembro de 2012

Un século de cinema en Chantada


Alfredo Pardo Praza Pública
Mentres o Titanic zarpa a unha viaxe sen retorno, en Galicia os movementos das clases populistas son reflectidas no agrarismo e as mobilizacións campesiñas. Conflitos e reivindicacións nunha etapa de loita antiforal e anticaciquil para intentar modificar a orde económica. Neste continuísta panorama de identidade no mundo rural, iníciase unha desestruturación social co fenómeno migratorio e xorde unha nova expresividade cultural de imaxes mudas en fluxo.
A Sociedade Recreativa La Liga de los Amigos de Chantada foi a circunstancia de que hai un século acordase na primeira Xunta Directiva “promover durante el invierno la celebración de veladas musicales y literarias, funciones teatrales, exhibiciones cinematográficas y otros espectáculos de recreo”La Comarca, 29/12/1912-. O abrente aventureiro do amosador de imaxes coa presenza dos cinematógrafos ambulantes; reproducindo o movemento en galopantes viaxes encrucilladas de múltiples direccións en feiras e festas patronais nas zonas rurais da xeografía galega.
Coa oscilación cinéfila, a coñecida popularmente como Dona Aurorita, adquire en 1913 un aparello de proxeccións que orixina a organización de veladas cinematográficas durante a Festa da Árbore a cal asisten máis de trescentos rapaces para ver Las dos rivales, El gran secreto e Las aventuras de Pepito Raspas, entre outros filmes da época. Nos anos 20, os mercaderes de cinema instalan no Salón de Actos do Cuartel de los Exploradores “un gran cinematógrafo que se ve concurridísimo por la novedad e interés de las películas exhibidas”El Regionalista, 07/01/1923-.
Neste carácter de subxectividade cineasta, El Regionalista advirte sobre o perigo que poden encerrar as proxeccións nas “mentes rudimentarias”, xa que exercen unha poderosa influencia, e recomenda “proscribir las películas de crímenes, productoras de transtornos en la sensibilidad infantil, tales como el espanto, el mal ejemplo, la sugestión de ideas malsanas (…)”El Encanto del cine, 04/02/1923-. Na nova ética e estética de inimigos audiovisuais, os términos de interpretación descritiva tamén producen efectos cognitivos e emocionais. Xa que no mesmo semanario un redactor configura unha nova dimensión narrativa.
O esperpento romántico: “Hay más de un encanto en el cine. No lo es sólo el interés que los episodios del arte mudo despiertan. Lo es también, seguramente mayor para la juventud, el que supone una simple ojeada al salón del cine en los entreactos. Siempre fue Chantada generosa de belleza. Las mujeres son como las frutas. Es el paisaje quien las da. Así nuestro paisaje de maravilla, insuperable de atractivos como un vergel de ensueño, por fuerza tenía que ser pródigo en atrayentes caras de mujer ostentadoras de la rozagante hermosura de la peonías. Agrada ver a las flores en ramilletes, a los pájaros en bandos, a las mujeres en grupos… Id una noche de fiesta cinematográfica al Cuartel de los Exploradores. Veréis agrupadas las caras más bellas del país. Miradlas desde el escenario, de frente… Múltiples pares de rasgados ojos femeniles, brillantes como las joyas se fijaron en vosotros para asaetearos el corazón. ¡Ese es el mejor encanto del cine!”El Regionalista, 04/02/1923-.
A ensamblaxe de imaxes en forma estrutural móstrase en pantalla coa inauguración dos amplos salóns do novo edificio de La Liga de Amigos, onde asistiu o deputado por Chantada Gerardo Doval e a directiva de La Liga organizou na súa honra unha velada cinematográfica “que estuvo concurridísima y en la que tuvo lugar el estreno de la película de gran espectáculo titulada El signo de la cruz, rememorativa de las costumbres del Imperio de Constantino el Grande que, según se nos dice fue costeada por nuestro distinguido amigo el popular secretario del Ayuntamiento Don Constantino Blanco, deseoso de convencer al pueblo, por merced de la visión de las escenas de barbarie en los circos romanos, de que o miente la historia o hubo tiempos mucho más nefastos que los del Caciquismo. No sabemos aún si la iniciativa de nuestro simpático secretario tiende a lograr por medio del cine que los ediles agrarios se postren al fin reverentemente ante el bábaro de Constantino (…)” El Regionalista, 15/04/1923-.
No cumio desta tendencia celuloica –dende as barracas e pavillóns ambulantes-, atopamos unha designación alternativa coa promoción pública nas Festas do Carme de Chantada. No seu programa incluía para o Domingo día 26 de 1923, que “durante las horas de la noche se darán en el Cantón sesiones de cine al aire libre gratis para todos”El Regionalista, 19/08/1923-. Coa impregnación social das proxeccións na rúa, cambiarían os convencionais gustos do público.
As máquinas parlantes, o cine aprende a falar
O antecedente na dispersión vangardista do cine mudo ao sonoro foi a estabilización primitiva a mediados dos anos 30 do Café-Cine La Terraza –co sufrido operador José Sobrino no sistema Vitaphone-, sendo a primeira sala sonora estable da vila do Asma. A expansión ao longo dos anos deixou nos guieiros cinematográficos salas comerciais como o Cine Cervantes –propiedade de José Lorenzana-; Cinema Iris –fundado por José Álvarez Requejo e Javier Lorenzo Fernández, adquirido por Maximino Rodríguez en 1944-; Cine Capitol –fundado en 1941-; Cine Yeca –1958/1983- e o Cine López Otero -1990/1992-.
A exhibición cinematográfica da XIX Semana de Cinema de Chantada do Cineclube Os Papeiros realizou unha transposición do universo fílmico abordando proxeccións no Cantón e actividades paralelas como a Semana Curta –Festival de Curtametraxes-, Cinemateca con rodas, Exposición de proxectores da historia do cinema, Café Cinema –Charla/Coloquio e un Obradoiro de cinema para nenos. 100 anos ben o merece.

Ningún comentario:

Publicar un comentario