domingo, 11 de novembro de 2012

A galega Raquel Rei e "Deu centímetres més a prop del cel"


Neste documental, vídeo no interior, os tacóns convértense na metáfora que nos convida a reflexionar sobre como é o mundo polo cal camiñamos. Para unhas é un instrumento de tortura, para outras a mellor maneira de seducción feminina. Diferentes ideas ante un mesmo obxecto, o cal nos demostra que os zapatos de tacón son moito máis que un simple calzado.
Por GC Tendencias | Barcelona | 07/11/2012
Raquel Rei nace en Moar, nunha pequena aldea do interior de Galicia. Estuda Maxisterio na USC e Comunicación Audiovisual na UDC. Ao mesmo tempo que acaba os seus estudos, comeza a traballar como editora de vídeo para o diario dixital A Nosa Terra. Depois de dous anos pasa a traballar por conta propria como cámara e montadora en canto continúa a súa formación académica co Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas na USC e o Mestrado Internacional en Documental na Escola de Cinema de Barcelona.
No ano 2008 crea con Andrea Nunes o coletivo poético-audiovisual As Candongas do Quirombo através do cal dá saída á súa creatividade máis experimental. Os videopoemas son a súa marca de identidade creando um estilo propio onde se reinventa a poesía escrita en imaxes. Algúns dos títulos mais relevantes son Helena a Escuras, Coda, Todas as Mulleres que Fun, (gañadora de diversos premios) e Peça per Peça que fai parte do filme coletivo Ferida Arrel: Maria-Mercè Marçal. Abertas a outros ámbitos do audiovisual, As Candongas producen en 2010 o documental A Memoria da Lingua, un filme sobre a situación sociolingüística do galego. Xa en 2011 e 2012 crean Microdocus: Do Mar e Outros Ladrillos, um conxunto de curtas documentais en que se denuncia o eco-terrorismo que está destrozando o medio ambiente en Galicia.
Durante o ano académico 2011-12, Raquel viaxa a Barcelona para realizar o Mestrado Internacional en Documental na Escola de Cinema de Barcelona. Como resultado do proxecto final crea e dirixe Deu centímetres Més a Prop del Cel (Dez centímetros máis preto do ceo), unha curta de 25 minutos onde os zapatos de tacón se converten na metáfora que nos convida a reflexionar sobre como é o mundo polo cal camiñamos.
Para saber todo o relativo a este documental entra na súa web.
Toda a sua obra pode verse en: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario