Os actos de
celebración do 94º aniversario da Asembleia Nazonalista de Lugo, organizados
pola A. C. Cultura do País, contaron cunha charla coloquio sobre “A
participación política das mulleres durante o primeiro terzo do século XX. O
galeguismo” a cargo da historiadora Isabel Rodríguez.
A.E. Sermos
Galiza
Esta fin de
semana celébrase o 94º aniversario da Asembleia Nazonalista de Lugo na que se
asinou o Manifesto nazonalista, o documento común do noso nacionalismo até a
chegada dos golpistas e a posterior ditadura. Participaron un total de 63
persoas, a maior parte procedentes da Coruña, con representación de 67
sociedades agrarias, 5 centros culturais; e a adhesión de 5 federacións
agrarias, 11 concellos, máis de 49 Asociacións e numerosas personalidades. Fora
no hotel Méndez Núñez os días 17 e 18 de novembro de 1918, ao amparo das
Irmandades da Fala, e marcou o inicio do nacionalismo galego moderno.
Actos
en Lugo
A Asociación Cultura do País
organizou, por cuarto ano consecutivo, os actos de conmemoración do aniversario
da Primeira Asemblea Nacionalista. Nesta ocasión a actividade centrouse
na participación política das mulleres naqueles tempos, un aspecto ao que se
adoita dar pouca relevancia. Consistiron cunha ofrenda floral diante do Hotel
Méndez Núñez, sé da Asemblea Nacionalista, e unha charla charla-coloquio no Lar
da Cultura do País, sobre “A participación política das mulleres durante o
primeiro terzo do século XX. O galeguismo” a cargo da historiadora Isabel
Rodríguez Mate.
A
participación da muller
Na charla
celebrada en Lugo, Isabel Rodríguez apuntou que na propia Asemblea non
participou ningunha muller, mais no manifesto
asinado recoñecíase no capítulo terceiro artigo segundo, “a igualdade de
dereitos para a muller” e foi na II Asemblea de 1919 cando se recolle a
“igualdade absoluta, política e civil, da muller co home”.
Sobre a
presencia de mulleres no daquela Partido galeguista, Isabel Rodríguez lembra os
datos aportados polo historiador J. G. Beramendi, e afirma que “a
porcentaxe de mulleres afiliadas foi escaso en todo o período, representando
aproximadamente, salvo algunhas excepcións, entre un 3 e un 15% do total”.
Unha das
fontes onde atopamos referencias ás actividades das mulleres neste colectivo
foi o xornal A Nosa Terra. “En 1933 creouse unha efémera sección titulada “O
recanto da muller”, na que se fixeron ouvir Carmen Lobeiras, Elvira Bao, María
Santos ou Xaquina Trillo”. A historiadora sinala que foi nesta publicación onde
se divulgaron dous Manifestos de mulleres vinculadas ao Partido Galeguista de
Ourense e ás súas Mocidades. “Tamén sabemos da existencia dun importante
colectivo de mulleres santiaguesas, que en 1934 enviaron un telegrama asinado
por María Xesús Otero de Gándara á Asemblea Constituínte da Unión de Mocidades
Galeguistas”.
Para
Isabel Rodríguez “o galeguismo deste período, malia ter perpetuado algúns dos
roles tradicionais asignados aos xéneros, contribuíu a normalizar e a impulsar
a presenza política das mulleres”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario