Redacción | @prazapublica
Alberte Pagán presentou antes do verán un filme breve e urxente para
denuncia a situación que vive o pobo Palestino. Un filme que recupera a máxima
actualidade nestes días, coa poboación de Gaza sometida aos ataques do
exército israelí, que xa provocaron máis de cen mortos. As imaxes de Película urgente
por Palestina rodáronse en 2011 nos territorios
ocupados e contan coa voz de Dionísio Pereira para a narración na
súa versión en galego. Como salienta o seu autor, facendo referencia
a Chris Marker, esta película é "o contrario á descrición dun
combate. É un combate".
Película urgente por Palestina
Esta é umha película urgente
por Palestina,
desde
Palestina.
Esta é umha película sem images
porque as images som incapaces de
representar a história.
O cinema é mentira.
Esta é a image dumha
mentira.
Israel é mentira,
a história é mentira.
Estas som images da história,
images do
presente,
história das images.
A política é a história em estado presente.
Que foi da revoluçom palestina?
Isto nom é a
descriçom dum combate:
isto é o combate.
Isto é um panfleto sobre o sofrimento cotiá,
esta é
história do sofrimento histórico,
sem images,
sem palavras.
Isto é um panfleto pola autodeterminaçom,
polos
direitos dos povos,
polo direito ao retorno.
Devo aprender que o futuro é um mundo
habitável.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Isto nom é umha película.
Ningún comentario:
Publicar un comentario