mércores, 9 de novembro de 2011

Documental sobre o xefe da guerrilla en Ordes


Ferrín critica a labor do PCE na ocultación da memoria dos que, como Manuel Ponte, resistiron coas armas ao alzamento fascista do 36. Vídeo no interior.
Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/11/2011
A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica rendeu homenaxe ao guerrilleiro antifranquista galego Manuel Ponte Pedreira (tamén coñecido polos alcumes de Xastre, Pintor, Negro e Miracielo) o pasado xoves na Coruña.
No acto estreouse o documental "Miracielo, Vida e morte de Manuel Ponte Pedreira". É unha obra de Pablo Ces, director que na presentación argumentou que "queda moito facer" no eido da recuperación da memoria da loita contra o golpe de estado fascista en Galicia.

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, sumouse á homenaxe cun poema. O escritor e militante da FPG denunciou que "había dúas forzas encargadas de colocar a lousa de silencio sobre o noso maquis. Unha a do franquismo que os consideraba bandoleiros, outros, os que mantiñan a memoria documental do Partido Comunista; lamento moito dicilo, porque estaban en contra, fervorosamente en contra de practicar a loita armada contra o franquismo".
Na Mesa-coloquio participaron tamén a propia filla do líder guerrilleiro, os historiadores Bernardo Máiz e Manuel Pazos e Rubén Afonso Lobato por parte da organización.

"A mi madre empezó a contarme cosas cuando ya era mayorcita. Mi madre siempre la pena que llevó ella fue que nunca se le reconoció nada cuando murió y si hubiera estado aquí se hubiera llevado una alegría muy grande", dixo a filla do guerrileiro, caído cando a IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro da Galiza tentaba escapar da operación lanzada contra eles polas forzas franquistas en 1947 na Comarca de Ordes.
Miro Casabela e Mini e Mero puxeron música ao acto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario