mércores, 17 de febreiro de 2010

Mashi: trasi que trasi!


Logo da visita a Palestina en 2009, Pallasos en Rebeldía, argallou un documental que proxecta na xira coa que recada fondos para un novo proxecto naquelas terras.

Redacción -Vieiros 13/02/2010

"Non só humillan a palestinos, humillan a humanidade enteira". Así o escribía Iván Prado, de Pallasos en Rebeldía, na derradeira crónica que enviaba na primavera de 2009 ao fío da visita do colectivo á zona. "Isto non é unha crónica, isto é unha ferida de bala", escribía, "por favor, absterse políticamente correctos e demais familia".

"Actuamos no cárcere máis grande do mundo", relataba noutra peza, contando de como 150 cativos eran testemuña dun espectáculo con "moitas risas e unha chea de improvisacións nacidas desta parella de pallasos Os irmáns mariachis, Giuseppe e lokonuk".

Agora, Pallasos en Rebeldía difunde o documental "Mashi: trasi que trasi", inspirado nesa visita a Palestina. A asociación está agora de xira non só proxectando o traballo audiovisual senón recollendo fondos co obxectivo de celebrar unha edición do Festiclown en terras palestinas a finais deste mesmo ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario