mércores, 14 de setembro de 2011

China condena á morte a unha activista por "causar problemas"


Wang Lihong protestaba en Fujian polo enjuiciameinto de tres civís por "difamar" a un funcionario
XORNAL.COM | 09/09/2011 - 09:51 h.
A activista chinesa Wang Lihong foi condenada este venres a nove meses de prisión por "causar problemas" durante unha protesta celebrada en 2010 á entrada dun tribunal da provincia de Fujian (este), onde se estaba xulgando a tres persoas por "difamar" a un funcionario.
O avogado da activista, Liu Xiaoyuan, considerou que a sentenza é "relativamente leve" comparada coas que impuxeron penas de prisión de até cinco anos por delitos similares.
No entanto, a activista pretende recorrer a decisión xudicial, alegando que é inocente. Aínda que perda a súa apelación, Wang podería saír de prisión en decembro, xa que da pena imposta descontaranse os meses que leva detida.
Pola súa banda, o fillo de Wang considerou que a sentenza é "moi dura" porque representa un "golpe" para o movemento chinés polos Dereitos Humanos. "A miña nai pide dereitos para todos e agora está condenada. Nunca debería ser condenada", dixo, defendendo a súa inocencia.
Na mesma liña expresáronse as decenas de manifestantes que se concentraron á entrada do tribunal da capital onde foi xulgada Wang. Os seus compañeiros denuncian que o proceso contra a activista é parte da onda represiva do réxime comunista contra a disidencia.
Entre os partidarios de Wang atópase o prominente artista e activista chinés Ai Weiwei, quen permaneceu detido durante 81 días por "evasión de impostos". Hai uns días, Ai instou os seus seguidores a través da súa conta de Twitter a seguir o caso de Wang.
Desde que comezaron as revoltas democráticas no mundo árabe, a finais do ano pasado, activistas chineses denunciaron un incremento das detencións, especialmente a partir do mes de febreiro --cando caeu o réxime de Hosni Mubarak en Exipto-- para evitar que as protestas se repitan coa mesma intensidade en China .

Ningún comentario:

Publicar un comentario