Os nenos somalíes son as maiores vítimas da crise de refuxiados que afecta o corno de África, segundo os últimos datos de perfís recompilados por ACNUR en Etiopía. A análise demográfica máis recente da chegada de somalíes a Etiopía mostra que os nenos menores de 18 anos constitúen o grupo máis numeroso de refuxiados. En total, representan preto do 80% dos 121.000 refuxiados acollidos en catro campos situados no sueste de Etiopía, na rexión de Dollo Ado.
A situación máis extrema dáse no campo de Kobe, onde os menores de idade representan o 88,6% da poboación do campo, que excede as 25.000 persoas. A maioría das familias son fogares monoparentais encabezados por mulleres cun gran número de nenos, entre eles parentes novos e orfos aos que acollen.
Seguimos preocupados polas altas taxas de mortalidade asociadas á desnutrición aguda severa e ás enfermidades. Tamén é preocupante o número de menores non acompañados e separados. As estimacións iniciais indican que este número podería chegar mesmo aos 2.500 nenos no catro campos. Estamos a levar a cabo unha análise esta semana nos campos de refuxiados en Dollo Ado para entender mellor o alcance do problema e determinar as medidas que deben tomarse tendo en conta o interese superior destes menores.
Moitas mulleres refuxiadas han contado aos nosos equipos en Etiopía que viaxar non é seguro para os homes somalíes. Temen o recrutamento forzoso por parte de grupos armados e milicias locais. En moitos casos os homes quedan en Somalia para protexer as poucas propiedades que poida ter a familia, coidar dos que están demasiado enfermos para viaxar e atender o gando que quede. Algunhas familias sinxelamente non teñen medios para que todos os seus membros fagan a viaxe xuntos, así que as mulleres e os nenos son os primeiros en partir. Con todo, durante as últimas semanas os nosos equipos observaron que están a chegar máis homes sós desde Somalia para reunirse coas súas familias.
Mentres, en Somalia, ACNUR está a complementar as distribucións de axuda alimentaria proporcionada por outras organizacións nas zonas do sur afectadas pola fame negra. Estamos a prepararnos para distribuír 7.500 Paquetes de Asistencia de Emerxencia (EAPs polas súas siglas en inglés) con lonas de plástico, esteiras e mantas para durmir, bidóns e utensilios de cociña para preto de 50.000 persoas na rexión de Bay, onde se acaba de declarar a fame negra. Outras 70.000 persoas serán atendidas en Baixo Shabelle, tamén declarada en fame negra. Máis de 50.000 persoas beneficiaranse das distribucións en Mogadiscio e outras 30.000 nas rexións fronteirizas de Gedo e Baixo Juba. En total, a finais de agosto ACNUR chegou a máis de 220.000 persoas, e o seu obxectivo é alcanzar a outras 180.000 máis de aquí a finais de setembro.
Segundo Bruno Geddo, Representante de ACNUR en Somalia, ?é imprescindible reforzar canto antes as distribucións masivas de axuda para atender aos máis necesitados no interior de Somalia se queremos manter a tendencia á baixa nos fluxos cara a Etiopía e Kenia?. Bruno Geddo acaba de regresar de Dollow, na fronteira entre Somalia e Etiopía, e de Mogadiscio, e declarou que os desprazados internos cos que falou seguen expresando o desexo de permanecer no seu país, máis que de cruzar unha fronteira internacional en busca de asistencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario