martes, 5 de xaneiro de 2010

Protagonistas á sombra


‘Protagonistas á sombra’ é a o título da exposición que desde hoxe se exhibe en Bruxelas –dentro dos actos que celebran a presidencia española da Unión Europea– e que trata de devolverlle luz ás “verdaderias protagonistas da gran transformación” que tivo lugar no estado nos últimos 150 anos.

EFE- Galicia Hoxe- 5-1-2010

A sede do Consello da Unión Europea de Bruxelas acolle desde hoxe unha exposición fotográfica que mostra a evolución da muller española no último século e medio a partir do fondo de imaxes de Axencia Efe. Protagonistas na sombra, exposición organizada con motivo da presidencia semestral española, conta con 160 ampliacións acompañadas por paneis explicativos.

A mostra reflicte "as mulleres anónimas, as verdadeiras protagonistas na sombra da gran transformación que tivo lugar na sociedade española", explica a comisaria da exposición, a ensaísta Cristina Zelich.

Con ela preténdese "contrapor á imaxe tópica difunda en Europa por determinadas representacións culturais como, por exemplo, a Carme de Bizet, unha imaxe moito máis complexa e chea de matices" que foi retratada pola fotografía de cada época, explica Zelich. Quérese dar testemuño "do verdadeiro papel desempeñado pola muller como peza fundamental do cambio que se viviu en España e da súa propia evolución".

Instantáneas que son fiel reflexo da historia dos últimos 150 anos e que mostran, por exemplo, un grupo de milicianas na fronte de Madrid, na zona republicana no outono de 1936, e máis tarde a imaxe dun soldado das tropas españolas destacadas en Mostar, en 1995, captada por Manuel P. Barriopedro. E imaxes para o contraste, como as que reflicten a "movida" madrileña dos 80 ou as primeiras estudantes universitarias, en contraposición coas probas gráficas doutra época, como a foto de Faustina Valladolid, primeira clasificada na I Carreira Ciclista, en 1935.

Ningún comentario:

Publicar un comentario