luns, 8 de novembro de 2010

Falece ós 86 anos o suboficial das SS Seifert


Fora extraditado a Italia en 2008

EFE

O ex suboficial das SS ucraíno Michael Misha Seifert, que cumpría unha pena de cadea perpetua no cárcere italiano de Santa Maria Capua Vetere, no sur do país, polos crimes cometidos durante a II Guerra Mundial faleceu, informaron onte os medios de comunicación italianos.
Seifert, de 86 anos, faleceu na noite pasada no hospital de Caserta, onde se atopaba hospitalizado desde hai varios días por mor das lesións sufridas tras unha caída, e non no penal, como se sinalou nun principio.
Tras a Guerra, Seifert fuxiu a Canadá en 1951, onde traballou nun serradoiro de Columbia Británica, e foi arrestado en 2002 tras ser condenado en ausencia en 2000 en Italia polo asasinato de 11 persoas nun campo de concentración de Bolzano (norte de Italia) entre 1944 e 1945.
No xuízo realizado en Verona en 2000, moitas testemuñas recoñeceron a foto do chamadoverdugo de Bolzano como un dos carcereiros autores de torturas e asasinatos no centro de detención.
O suboficial de Hitler foi extraditado a Italia en febreiro de 2008, oito anos despois de que Italia reclamase o ex suboficial das SS por primeira vez.
Carcereiro no campo de concentración de Bolzano
Enrolado nas SS co rango de cabo, Seifert, traballou como carcereiro no campo de concentración de Bolzano, por onde pasaron preto de 11.000 persoas, na súa maior parte xudeus, detidos políticos, desertores e partisanos. Seifert estaba, xunto con Erik Priebke, acusado de participar no fusilamento de 335 italianos nos arredores de Roma durante a II Guerra Mundial, o único criminal de guerra nazi condenado a cadea perpetua que cumpría a súa pena en Italia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario