domingo, 30 de outubro de 2011

O documental 'Milímetros' descubre filmes descoñecidos da Galicia de 1930


Durante a produción atopáronse 29 latas con filmacións descoñecidas de Galicia con 90 anos de antigüedade, cedidas finalmente no CGAI // O documental é producido por MATRIUSKA FILMS e dirixido por Xes Chapela
SANTIAGO
Tren pasando por Redondela
O documental MILÍMETROS quere poñer en valor o Patrominio Audiovisual, dando a coñecer a todos os públicos unhas imaxes de Galicia nunca vistas ata entón.
Unhas imaxes que nos transportan a unha época case imaxinaria, moi afastada no tempo e sen embargo ben próxima no espazo. Lonxe de se converter nunha mera exposición de cine antiguo, esta longametraxe dixital xoga cos códigos cinematográficos para invertir o significado das mesmas imaxes. Unha ollada contemporánea para un material fílmico único.
Case 3 horas de material fílmico da Galicia de 1929
As latas permaneceron nun grande baúl durante décadas nunha das vivendas dos familiares do autor dos filmes. Tomas cinematográficas filmadas a cabalo das décadas de 1.920 e 1.930 cunha cámara Pathé de 9´5 mm.
Algunhas destas imaxes e a visión actual dos lugares retratados, forman parte do documental MILÍMETROS actualmente en fase de produción. Cambados, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Vigo, Caldas de Reis, Redondela, a Ría de Arousa, aldeas galegas, Gijón, Madrid… son algúns dos lugares filmados a xeito de estampas. Feiras, peiraos e mar completan unha visión pouco vista de Galicia.
Durante a gravación do documental atopáronse as 29 latas que conteñen preto de 3 horas de filmacións da Galicia do 1930. Dentro do proxecto filmouse a cesión das imaxes co CGAI, entidade que colabora no proxecto, ao igual que AGADIC.
As imaxes de 1930 formarán parte da longametraxe documental Milímetros, así como os mesmos lugares retratados 90 anos despois. Varios familiares, fillos e netos do autor das filmacións completan os elementos centrais do documental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario