Alfredo García; Galicia-Hoxe, 12-3-2010
A aldea estradense de Cabanelas acolleu onte a ofrenda floral en memoria do republicano Alfredo García Caramés, o asistente do xeneral Líster, no terceiro aniversario da súa morte. O recordo ao protagonista deUn soldado da historia, de Valentín García, completouse coa presentación da obra de Xesús Alonso Montero sobre cartas de republicanos.
O pasado día 7 cumpriuse un ano da súa morte en Cabanelas dende onde marchou a Alxeria para traballar de albanel, sen saber que a súa vida sería unha epopea. Como capitán do Exército republicano, estivo na fronte da Guerra Civil. Foi asistente e grande amigo de Líster, co que compartiu batallas e ao que lle salvou a vida esquivando as balas na fronteira francesa ao volante dun Chrysler americano.
Pasou por varios campos de concentración en Europa, coñeceu a Pasionaria e a Hemingway. O acto, ao que acudiron numerosos amigos de Alfredo, rematou coa presentación das obras sobre os republicanos do profesor Alonso Montero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario