Cataluña abriu onte en Barcelona a primeira sede en España dun Memorial Democrático que recorda o sufrimento e a dor da Guerra Civil e as consecuencias da represión franquista. “Fainos falta unha historia que recolla o testemuño dos vencidos, unha historia que se faga eco de todas as voces, tamén das clases subalternas”, subliñou Montilla
Galicia-Hoxe/ EFE
O presidente da Generalitat subliñou que "é un deber ético e cívico facer presente a memoria" e engadiu: "Fainos falta unha historia que recolla o testemuño dos vencidos, unha historia que se faga eco de todas as voces, tamén das chamadas clases su- balternas". Montilla dixo en resposta a aqueles que rexeitan este tipo de centros da memoria que "reconciliación non debe ser confundida co esquecemento". O novo Espazo Memorial Democrático servirá de aglutinador e punto de información da rede de espazos da memoria existentes en Cataluña, como a prisión de Sort (Lleida), as liñas defensivas na fronte do Segre ou o campo da Bota en Barcelona, onde se executaron a moitas persoas durante a represión franquista. Tamén se informará sobre outros espazos de memoria histórica existentes en Europa relacionados cos españois que se exiliaron, ou os republicanos que combateron co Exército francés, moitos dos cales caeron prisioneiros dos alemáns e foron parar a campos de concentración, como Mauthausen. Saura recordou que queda aínda pendente conseguir a nulidade do xuízo e condena do que fose presidente da Generalitat republicana Lluís Companys, "algo que esperemos que se resolva nas próximas semanas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario