EUROPA PRESS
Estados Unidos, xaneiro de 1917. Inicios da Primeira Guerra Mundial. Case cen anos despois, o libro El Telegrama Zimmermann narra un apaixonante episodio de espionaxe da man da escritora Barbara W. Tuchman, coa garantía de ter no seu haber un premio Pullitzer.
A historia ambiéntase nese ano, nun punto no que o conflito bélico se atopaba nun punto morto. Os ingleses, conscientes de que a vitoria europea só sería posible co apoio dos Estados Unidos, intentan que o país das barras e estrelas colabore na súa causa, pero o presidente Wilson aférrase á súa neutralidade e ós seus esforzos por mediar na negociación da paz.
De súpeto, chega a unha oficina inglesa unha mensaxe interceptada polo equipo de descodificadores británico. Trátase dun telegrama escrito polo secretario de asuntos exteriores alemán, Arthur Zimmermann, un documento clave para a entrada de EEUU. na guerra no que invitaba a México a unirse a Alemaña e Xapón na invasión dos Estados Unidos, prometéndolle o territorio de Texas, Novo México e Arizona. Como se adoita dicir, o resto é historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario