Non enterran cadavres, enterran semente (Castelao) |
Dous anacos de cortiza do piñeiro contra o que foi fusilado Alexandre
Bóveda exhíbense desde onte en Pontevedra na mostra ‘Da vida e o
compromiso’, percorrido a través da peripecia vital e política dun dos
intelectuais clave da historia galega no século XX. Bóveda tamén será
hoxe homenaxeado na cidade por Causa Galiza.
REDACCIÓN
As dúas
cortizas outrora grandes están envoltas "nun pano dos mocos que nunca
máis foi usado nin lavado" e se agora aparecen máis reducidas de tamaño é
porque algunhas persoas foron quedando con anacos minúsculos co paso
dos anos.
A exposición, coa que arrincarán tamén en 2011 "os 75
anos do magnicidio" pretende que " a figura de Bóveda non quede
esquecida nunca xamais", expuxo o seu fillo. A mostra está organizada
pola Cátedra Bóveda.
Hoxe, Pontevedra acollerá tamén unha
homenaxe a Bóveda, organizada por Causa Galiza. O acto contará coa
intervención do seu fillo, que falará do progreso da loita nacionalista
desde a lembranza daquel abortado Estatuto de Autonomía para Galicia na
segunda República.
Ningún comentario:
Publicar un comentario