A Universidade de Vigo abre unha páxina na rede cun material que inclúe a última carta que lle escribiu o galeguista á súa esposa antes de ser fusilado
XAIME LEIRO, 15-12-2010
Unha
carta de Filgueira Valverde a Alexandre Bóveda que reflicte o seu
"encontrón" sobre os criterios de esquerda ou dereita que debería tomar
entón o Partido Galeguista, é un dos documentos inéditos que desde esta
semana se podrá consultar na web www.alexandrebóveda.org impulsada
pola Cátedra Alexandre Bóveda, pertencente á Universidade de Vigo.
A
Cátedra que onte presentou o catálogo Alexandre Bóveda nosn seus
documentos inclúe nel como peche a conmovedora a misiva á súa esposa
Amalia escrita na madrugada do propio día en que foi executado.
A
carta di textualmente. "Choliños, miña Peque, Vidiña: Quixen
escribirche moito. Mais xa sabes canto puidera dicirche. Perdóame
todo, que os peques me lembren sempre, que cumpras tódolos meus
encárregos. Eu, almiña, estarei sempre convosco, como che prometín.
Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou
tranquilo. Adeus Vidiña. Vive pra os peques e os vellos; abrázaos,
enfíntaos. Se Ti, miña pequeniña ademirable, a máis valente de todos.
Alá sentirei lledicia e satisfacción de Tí e de todos. Lembrareivos
sempre, velarei sempre por vós. Adeus. Contigo, cos peques, cos Vellos
todos, estará sempre na lembranza, na máis grande, na máis fonda, na
máis infinda das apertas, o voso Xandro. P.S: Recei contigo".
OS CONTIDOS
Máis de 700 entradasOs autores do proxecto anunciaron ademais onte en Pontevedra que se colgarán na rede un total de 730 documentos inéditose cedidos pola familia do político fusilado no outeiro da Caeira en 1936. O venres inaugúrase no pazo da Cultura de Pontevedra, sede da Fundación Bóveda, a maior exposición realizada ata agora sobre este político, que incluirá por vez primera obxectos que pertenceron ó malogrado dirixente que foi ademais o primeiro director da extinta Caixa de Aforros de Pontevedra, entidade integrada en Novacaixagalicia, que colabora coa cátedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario