DANIEL SALGADO
No final de 1976, 565.000 galegos constaban no réxime da seguridade social agraria. Trinta e tres anos logo, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, a cifra era de 88.000. Pero a metamorfose social que incorporou Galicia ás redes do capitalismo avanzado comezara xa nos 60. "Un violento choque de mentalidades, unha articulación conflitiva entre as cosmovisións da cultura tradicional e as da cultura posmoderna", definía este tránsito o antropólogo Marcos Lorenzo nunha charla de 2007. Esa grande transformación, aínda en curso, apenas atopou correlato literario. E cando o fixo, fíxoo antes na poesía que nunha narrativa máis ocupada coas tensións da migración campo-cidade que co rexistro da devastación dese difícil lugar do tempo onde, en palabras do escritor Bieito Iglesias, "os pais non bican os fillos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario