sábado, 17 de outubro de 2009

Baredo non esquece


Unha placa recorda desde este sábado os nove veciños asasinados en 1936 na xa coñecida como Volta dos Nove.

Vieiros - 17/10/2009


A pasada primavera o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) procedeu á apertura da fosa común onde foron soterrados os nove veciños do Val Miñor asasinados na xa coñecida como Volta dos Nove, en Baredo (Baiona). Porén o resultado da escavación non foi satisfactorio e non apareceron os restos.

Naquel momento, de acordo cos familiares, decidiuse solicitar permiso para colocar unha placa, deseñada por Fernando Casás, cos seus nomes nese mesmo lugar, nun acto "sinxelo" previsto para este sábado ás 12.00 horas no que ademais haberá unha ofrenda floral.

Tamén desde a CNT, sindicato co que estaban relacionados varios dos asasinados, convocaron un acto ás 18.00 horas deste sábado fronte ao monumento aos nove de Baredo, situado na estrada de Baióna á Guarda, para “reivindicar aquilo que non morreu con aquela matanza: as súas ideas, as súas aspiracións sociais, o seu compromiso coa xustiza social”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario