sábado, 10 de outubro de 2009

Magouras escribe as súas memorias


O capitán do 'Prestige' reside nunha illa grega e volverá a España o ano que vén cando se celebre o xuízo


Daniel Prieto- Xornal- 10/10/2009


Magouras está a escribir as súas memorias desde Grecia, unha situación que non tería imaxinado facilmente hai sete anos. O mariñeiro foi arrestado en novembro do 2002 acusado de desobediencia á autoridade e de delito ecolóxico tras o naufraxio do Prestige, que provocou a marea negra máis grande da historia. Cando o capitán chegou ao cárcere de Teixeiro presentaba un estado que non tería nada que ver co que ofrecería pouco despois. “Era un home firme nas súas conviccións, asertivo no que quería expresar, que infundía respecto e tiña ganas de pelexa”, sinalan fontes que estiveron próximas ao veterano home de mar. Durante a súa estadía no centro penitenciario coruñés, onde permaneceu ao redor dun mes, Magouras foise desmoronando. “Días despois véuselle o mundo enriba”, precisan as mesmas fontes.

Como interno preventivo en Teixeiro, Magouras tivo acceso aos medios de comunicación e contemplou abraiado o gran movemento social xenerado tras o vertido das 500.000 toneladas de chapapote do petroleiro. “No seu módulo había un norteafricano que falaba grego e íalle contando todo o que saía nos periódicos e na televisión”, explican os seus achegados. “El non podía crer o que lle estaba ocorrendo, dicía que debía de ser a primeira vez na historia da navegación en que un capitán pedía refuxio, non llo daban e ademais o obrigaban a internarse mar adentro”, precisan.

E é que o capitán do fatídico buque “considerouse desde o inicio un chivo expiatorio, unha cabeza de turco”, sinalan persoas que o trataron. “Así que pouco a pouco foi caendo nunha depresión”, engaden. Pero para entender o proceso de decaemento hai que aludir necesariamente á “forte personalidade” do grego, un home de carácter duro, mirada penetrante e ademán impasible. “Ao comezo estaba moi botado para adiante e rebelábase fronte ao que lle estaba pasando, non daba creto e saíalle todo o que falaba en grego e non o entendiamos”, sinalan os que o coñeceron. “Pero a adrenalina dos primeiros días fóiselle pasando e logo xa foi consciente de que estaba preso, e a súa principal preocupación era se iba pasar moito tempo no cárcere, e foi cando xa pasou a falar en inglés”, matizan.

(...)

Ler máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario