domingo, 11 de outubro de 2009

Cultura inicia o mércores os traballos de limpeza da muralla de Lugo


Xornal.com - 1/10/2009


A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, iniciará o vindeiro mércores as obras de mantemento, conservación e limpeza integral da Muralla de Lugo, tras a adxudicación definitiva dos traballos por un importe de 183.753 euros.

A suma, que se distribuirá en dúas anualidades, ten un prazo de execución de seis meses. As operacións programadas pretenden “a eliminación de vexetación, reparacións puntuais e a posta en valor das escaleiras da contorna de Porta de Santiago”, sinalou o departamento autonómico.

Concretamente, os labores consistirán na supresión das especies vexetais dos lenzos “para evitar o seu crecemento”, para o que se aplicarán herbicidas con equipos de pulverización de baixo volume. A previsión da consellería é realizar o tratamento en dúas fases, unha no outono e outra durante a primavera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario