O conselleiro de Cultura desvela que lles remitiu un documento no que lles esixe “que cumpran a lei”
Xornal.com - 10/10/2009
Despois de que a Xunta admitira dunha vez por todas que xa non hai nada que impida abrir ao público o Pazo de Meirás, agora o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, desvela que xa lle remitiu unha carta aos Franco esixíndolles que “cumpran a lei”. Nun Café de Redacción que Xornal de Galicia publicará mañá integramente, Varela afirma: “A familia Franco ten unha carta miña enriba da mesa dicindo que ten que abrir o Pazo, e se non o fai, procederemos a aplicar as sancións oportunas”.
O titular de Cultura da Xunta asegura que o Goberno galego está a facer “o que manda a lei”, pero recoñece que, aínda que se rixe polas mesmas normas que o resto de Bens de Interese Cultural (BIC) o de Meirás “non é un caso como os demáis”, xa que precisa unhas maiores medidas de seguridade para establecer as visitas un mínimo de catro días no mes, como manda a lei.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario