sábado, 10 de outubro de 2009

A CIA propuxo que Posada Carriles ocupase un cargo en Cuba se caía Fidel

Victoria Toro | La Voz De Galicia10/10/2009

O martes pasado fixéronse públicos documentos que relatan as actividades que o terrorista Luis Posada Carriles realizou para a CIA. Nestes informes. que foron desclasificados entre os anos 1998 e o 2003 e que agora foron publicados pola organización Arquivo Nacional de Seguridade, nárrase como Posada Carriles espiaba para os estadounidenses aos anticastristas máis radicais de Miami, polo menos desde 1965.

Luis Posada Carriles naceu en Cuba en 1928, pero adoptou a nacionalidade venezolana. Foi policía, militar e espía ás ordes da CIA. Foi condenado por varios ataques terroristas. O máis grave deles foi a bomba contra un voo de Cubana de Aviación que o 6 de outubro de 1976 acabou coa vida de 73 persoas, e do que está considerado autor intelectual.

«Moi leal a EE.UU.»

Segundo os documentos feitos públicos no 33.º aniversario dese ataque, Posada Carriles levaba moitos anos traballando como espía para Estados Unidos cando cometeu o atentado. E as autoridades estadounidenses confiaban nel.

Nun dos informes desclasificados, Posada Carriles é definido como moderado. «A15 -que era o seu nome en clave-, non é o típico individuo que actúa precipitadamente. é totalmente consciente das implicacións internacionais que terían actividades mal planeadas ou demasiado entusiastas contra Cuba», lese no texto da Axencia de Intelixencia norteamericana. O parágrafo foi escrito en 1966 polo funcionario da CIA Grover Lyhcott, que tiña ao seu cargo a Posada Carriles.

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario