xoves, 8 de outubro de 2009

Os zapatos de Imelda Marcos sobreviviron ao temporal que arrasou Manila

Efe 8/10/2009


Uns 200 pares de zapatos da ex primeira dama filipina Imelda Marcos foron postos a salvo da tormenta tropical «Ketsana», que fai case dúas semanas azoutou todo o terzo norte do país e converteu nunha piscina á capital.

O calzado formaba parte da colección dun museo de Marikina, o municipio manileño máis afectado polo chuvieiro, informou hoxe o rotativo «Philippine Daily Inquirer».

Os zapatos foron trasladados a un lugar seco na segunda planta do recinto por un garda de seguridade, segundo María Lourdes Fernando, a alcaldesa e íntima amiga de Imelda, de 80 anos.

Calcúlase que a ex primeira dama acumulou case 3.000 pares durante os 21 anos no que ela e o seu marido Ferdinand acapararon o poder en Filipinas entre 1965 e 1986.

O pasado 26 de setembro, «Ketsana» arroxou sobre Manila e outras 25 provincias da illa filipina de Luzón unha cantidade de choiva moi superior á media mensual nesta época do ano, batendo a anterior marca de 1967.

Alagou o 80 por cento da capital e causou case 300 mortos, preto de 500.000 desprazados e dous millóns e medio de damnificados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario