mércores, 11 de novembro de 2009

Luís Porteiro Garea, a historia esquencida das Irmandades da Fala


Ernesto Vázquez Souza recupera a vida e obra dunha figura importante para a construcción do pensamento nacionalista da época.

Vieiros 10/11/2009

A Associaçom Cultural Foucelhas de Ordes propúxose reivindicar unha figura practicamente esquencida pola historia do galeguismo: a de Luís Porteiro Garea. Nado en Lugo en 1889, finou en 1918 no municipio de Frades (bisbarra de Ordes. A pesar da súa prematura morte, por mor da epidemia de gripe, Porteiro foi unha figura destacada dentro do movemento das Irmandades da Fala que botaran a andar en 1916. De feito, el apostou por superar as reivindicacións puramente lingüísticas e culturais e avanzar cara a creación dunha organización de perfil máis político.

O profesor e membro da Academia Galega da Lingua Portuguesa, Ernesto Vázquez Souza, é o encargado de botar novas luces sobre a vida e obra de Porteiro nun caderno de 32 páxinas nas que tamén se recollen textos do persoeiro estudado. A obra ('Luís Porteiro Garea, o ideólogo do nacionalismo irmandinho') complementa traballos como os xa desenvoltos anteriormente no libro "Luís Porteiro Garea" (2005), de Baldomero Cores Trasmonte. Pódese adquirir en papel (polo prezo de un euro) dirixíndose a foucelhas.ordes@gmail.com e tamén descargala de balde en formato dixital.

2 comentarios:

  1. As Irmandades da Fala, estamos estudándoas en LG. Que ben que se estude sobre estes persoerios galegos, que case non se coñecen, a pesares da súa importancia; o cal é unha pena.
    Ten moi boa pinta o blog. Ten artigos das guerras e das revolucións da historia, e son temas que me interesan... Aburiño Sámer

    ResponderEliminar
  2. Ola. Mirei o artigo porque estasmos dando As Irmandades da Fala en Galego. Está ben que investiguen sobre estes persoeiros que, aínda que son importantes, moitas veces non se coñecen.
    O Blog ten moi boa pinta, moitos dos temas que aparecen interésanme bastante Creo que me vou entreter algúns intres por aquí. Abur
    Sámer

    ResponderEliminar