venres, 13 de novembro de 2009

O contrabando, recurso importante


Un libro analiza o fenómeno, hoxe obxecto de explotación turística, na fronteira luso-española

EFE- Galicia-Hoxe- 12-11-09

O contrabando que durante séculos existiu entre Portugal e España, moi florecente durante os réximes dictatoriais de Salazar e Franco, é agora obxecto de explotación turística.

Así o pon de manifesto o libro Contrabando na fronteira luso-espanhola presentado onte no Consello da Cultura Galega. É obra dun grupo de once investigadores de varias institucións académicas portuguesas e españolas, entre eles profesores das universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.

O profesor Luis Cunha, investigador da Universidade do Minho, indicou que o contrabando constituíu un "recurso económico importante" para as poboacións de ambos os lados.

O presidente do CCG, Ramón Villares, indicou que mentres o téxtil e outros artigos tiveron maior importancia no contrabando do norte, no sur predominaron os produtos alimenticios e o café. Lamentou que a obra, publicada en Lisboa, estea escrita en portugués e castelán, pero "non en galego".

Ningún comentario:

Publicar un comentario