venres, 6 de novembro de 2009

"A Oliveira" recupera a vida de Xohán Xesús González


Galicia-Hoxe, 6/11/09

A Asociación A Oliveira de Teo inaugura mañá ás 12.00 horas, no local municipal da igrexa de Calo (A Coruña) unha exposición dedicada ao republicano cuntiense Xohán Xesús González Fernández, que foi cedida pola Asociación Cultural O Fervedoiro, de Cuntis.

No acto participará o investigador Heitor Picallo, membro do Fervedoiro e autor do libro Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego mentres que a poeta Elvira Riveiro intervirá nun recital, que vai incluír un poema iné- dito dedicado a este home de Cuntis, canteiro, mestre, avogado, xornalista, escritor e activista político, que foi fusilado en Boisaca en 1936.

Ningún comentario:

Publicar un comentario