luns, 10 de maio de 2010

Os inmigrantes viven ao límite para manteren as remesas

Tras meses de caída, remontan un 1,8% ·· En total, uns tres millóns de estranxeiros residentes no Estado envían cada ano algo máis de 7.000 millóns de euros aos países de orixe, que reciben directamente entre sete e oito millóns de persoas, tres millóns de nenos

REDACCIÓN . SANTIAGO

Os envíos de euros aos países de orixe aumentaron un 1,8% FOTO: AXENCIAS
Os envíos de euros aos países de orixe aumentaron un 1,8%
FOTO: AXENCIAS

Os inmigrantes viven en España "ao límite da subsistencia" con tal de poder seguir enviando diñeiro á familia que deixaron no país de orixe, un "sacrificio" para adaptarse á crise económica e afrontar unha taxa de paro do 28% que, segundo os expertos, explica por que tras seis trimestres consecutivos de caída, 2009 pechou cun aumento do 1,8 por cento no volume de remesas que saíron do país.

Os inmigrantes viven en España "ao límite da subsistencia" con tal de poder seguir enviando diñeiro á familia que deixaron no país de orixe, un "sacrificio" para adaptarse á crise económica e afrontar unha taxa de paro do 28% que, segundo os expertos, explica por que tras seis trimestres consecutivos de caída, 2009 pechou cun aumento do 1,8 por cento no volume de remesas que saíron do país.

Así o sinalou o director do Centro de Investigación Sobre Globalización Remesas.org, Iñigo Morei, tras a inauguración en Madrid dunha xornada sobre os envíos de diñeiro que contou coa participación da secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón; o director da Organización Internacional das Migracións en España (OIM), Manuel Pombo; o presidente da Asociación Nacional de Empresas de Envío de Diñeiro, Gonzalo Valente e o director xeral de Santander Envíos (Grupo Santander), Fernando Alonso.

Segundo a secretaria de Estado, pódese "dicir que hai brotes verdes" nas remesas, que o Goberno atribúe "á capacidade dos inmigrantes, á súa maior conciencia da responsabilidade que teñen ante si unha situación difícil e ó cambio de patróns de aforro", xa que teñen "unha gran capacidade de sacrificio e de adaptación". Para Morei, a clave está en que os inmigrantes comezaron a enviar maiores porcentaxes dos seus ingresos á familia, superando a media habitual, que roda o vinte por cento. Na súa opinión, só así se explica esa "pequena" subida no volume de remesas enviadas a finais do ano pasado, un período no que a renda global dos estranxeiros "caera". "Esta é unha cantidade moi importante, porque moitos inmigrantes viven con salarios ó fío do salario mínimo e retraer de aí un vinte por cento para as remesas, explica fenómenos como o dos pisos patera e unha vida ao límite da subsistencia, pero o fan porque o receptor, os seus pais ou os seus fillos, son máis importantes para eles", que manter as súas actividades de lecer ou vivir nun piso máis confortable, apuntou o experto. En total, uns tres millóns de inmigrantes envían cada ano algo máis de 7.000 millóns de euros aos seus países de orixe, diñeiro que reciben directamente entre sete e oito millóns de persoas, ou, o que é o mesmo, a poboación dun país como Portugal. Morei destacou que con este diñeiro, "tres millóns de nenos poden ir á escola" ou "á sanidade", o que supón "unha visión de futuro que non hai que perder de vista".

Con todo, Morei dixo que a subida do 1,8% "non é para botar as campás ó voo", porque "boa parte dos inmigrantes están remitindo o seu subsidio de desemprego, os seus aforros ou quizais o diñeiro dalgunha propiedade que venderon", é dicir, "son ingresos que non son sostibles e teñen un límite no tempo".

Páganlle até o 20% aos intermediarios

Para o responsábel de Remesas.org, o maior problema que afrontan quen envían diñeiro á súa familia é ter que pagar á empresa intermediaria até "o vinte por cento" da remesa que queren enviar, un diñeiro ao que xa se descontaron os impostos en España e que sufrirá un novo recorte no país de destino.

EUROPA

A maioría descoñece os seus dereitos

Descoñecer os propios dereitos é un dos principais obstáculos para que se cumpran e un problema que afecta a boa parte dos colectivos máis suscepíbeis de sufrir discriminación e abusos, segundo a conclusión de varios estudos da Axencia de Dereitos Fundamentais (FRA) da Unión Europea (UE). Así, sete de cada dez inmigrantes ou membros de minorías descoñecen a existencia de leis que
prohiben impedir o acceso a un comercio ou restaurante por motivos étnicos, segundo unha enquisa entre 23.500 persoas dos 27 países da UE.

Esa sondaxe reflicte que só o 39 por cento dos preguntados sabe que existen leis que prohiben a discriminación á hora de solicitar emprego e unicamente o 31 por cento é consciente de que non está permitida a discriminación no acceso á vivenda. No caso concreto do Estado español o 89 por cento dos inmigrantes romaneses, o 84 dos suramericanos e o 75 dos norteafricanos ignoran a existencia desas lexislacións antidiscriminación. Igualmente, en toda a UE, o 82 por cento dos que afirman ser obxecto de abusos non o denunciou ante ningún organismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario