mércores, 8 de setembro de 2010

Máis de 86 millóns de cativasno mundo, sen "volta ao cole"


En plena crise, e con máis de 900 mulleres vivindo con menos dun dólar ao día, as nenas son as primeiras en verse privadas da educación

E.P. 9-9-2010

Mentres nos países desenvolvidos o mes de setembro está caracterizado pola "volta ó cole", 86 millóns de nenas e adolescentes do resto do mundo non terán esta oportunidade, porque segundo denuncia a ONG Plan, con máis de 900 millóns de mulleres vivindo con menos dun dólar ó día, as nenas son "os primeiros membros da familia obrigados a deixar os estudos".

Con motivo da campaña "Por ser nenas", Plan denuncia que hai máis nenas menores de 16 anos traballando no servizo doméstico que en ningún outro sector e recorda que a pobreza extrema aumenta ademais os casos de prostitución, violencia doméstica, traballo non remunerado ou semiescravitude así como o matrimonio temperán, que afecta a 10 millóns de menores de 12 anos.

En total, a organización estima que 130 millóns de nenos non poden ir á escola e que, deles, dous terzos son mulleres, froito dunha "dobre discriminación" que supón un "grave obstáculo" para que se cumpran seis dos oito Obxectivos do Milenio. "As familias tenden a darlles prioridade aos estudos dos fillos homes fronte ós das nenas de forma que, en tempos de crise económica no que o pai perde o emprego e as nais necesitan incorporarse ó mercado laboral, as nenas son as primeiras en ser obrigadas a deixar a escola para facerse cargo dos seus irmáns e dos labores do fogar". A ONG apunta que "en moitas ocasións as nenas están tan desesperadas por manter o emprego, que acaban tolerando ataque sexuais". En canto ós matrimonios forzosos, sinalan que 100 millóns de nenas contraerán matrimonio antes dos 18 anos, xa que moitas familias cásanas a unha idade temperá porque non poden mantelas, e "o ter que pagar un dote, fai que moitas familias poñan máis atención nese custo que en educalas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario