xoves, 2 de setembro de 2010

"O pobo quere saber"


Un tribunal ruso ordena reabrir a causa pola morte do tsar Nicolás II e a súa familia no 1917 ·· A Gran Duquesa Vladimirovna xa se proclamou Tsarina de Todas as rusias

REDACCIÓN . SANTIAGO

Un tribunal da rexión de Moscova ordenou o xoves pasado a reapertura da investigación pola morte do tsar Nicolás II e a súa familia, ó entender que a responsabilidade por estes crimes vai máis aló de individuos particulares.

As pescudas levadas a cabo previamente por unha unidade da Fiscalía Xeral derivaran no peche do caso despois de determinar que pasara demasiado tempo desde os crimes -rexistrados en 1918-, e os responsables estarían xa mortos.

Con todo, a corte de Basmani pide a revisión aludindo a unha resolución do Tribunal Supremo na que se culpa ó Estado dos asasinatos, o cal convertería en irrelevante o dato das persoas concretas que os cometeron.

Para o avogado que representa os descendentes do tsar, German Lukianov, o xoves deuse "un paso importante na procura da verdade". "O pobo ruso ten dereito a saber o que pasou", indicou Lukianov, que representa a Gran Duquesa Maria Vladimirovna, autoproclamada Tsarina de Todas as Rusias.

O Goberno monárquico de Nicolás II empezou a desintegrarse con abismal rapidez a partir de xaneiro de 1917, a situación interna acirrada polo curso desfavorable da guerra con Alemaña e as instigacións revolucionarias, sumadas ás intervencións políticas da emperatriz fixeron que a cuarta Duma cedese á presión dos revolucionarios e formarase un Goberno provisional de Rusia, liderado por Kérenski , un revolucionario de estilo moderado

Incapaz de controlar a situación, Nicolás II abdicou os seus dereitos e os do seu fillo en favor do seu irmán Miguel IV de Rusia, que rexeitaría o ofrecemento dous días despois, marcando a fin da dinastía Romanov.

Nicolás II, a súa esposa e os seus cinco fillos foron asasinados por un escuadrón bolxevique a noite do 16 ó 17 de xullo en Ekaterimburgo. En 2008, o Tribunal Supremo recoñeceu a familia como vítima da represión das forzas de Lenin.

PERSPECTIVAS

Un proceso que comezou en 1991

No ano 1991, as autoridades exhumaron os supostos cadáveres da familia Romanov, para despois enterralos, en 1998, na cripta imperial da Catedral de San Pedro e San Pablo de San Petersburgo. Con todo, a Igrexa Ortodoxa e os descendentes do tsar alegan que non se comprobou de certo que os restos correspondan á familia executada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario