martes, 4 de xaneiro de 2011

Empurradas a patrullar a urbe máis violenta de México

Ante a desbandada de homes do corpo, máis de 500 mulleres engrosan a lista de axentes
  • Currently 0.00/5
  • 1

LUIS CHAPARRO/EFE

Unha muller pinta cruces en protesta polos feminicidios en Ciudad 
Juárez FOTO: Luis Hinojos/efe
Unha muller pinta cruces en protesta
polos feminicidios en Ciudad Juárez
FOTO: Luis Hinojos/e

Máis de medio milleiro de mexicanas xóganse a diario a vida como axentes da Policía municipal de Cidade Juárez, a urbe máis violenta de México, onde o narcotráfico puxo no punto de mira os policías, moitos dos cales foron asasinados.
A pesar diso e ante unha desbandada dos homes, as mulleres seguen engrosando as filas das corporacións policiais en Cidade Juárez e en municipios do Estado de Chihuahua, fronteirizo con Estados Unidos. Neste contexto, Paty, nai de dous pequenos e oficial da Secretaría de Seguridade Pública Municipal (SSPM) adscrita ao sector Delicias, declarou que lle gusta o seu traballo a pesar de que os policías están "na mira do narco. Teño un pouco de medo, pero me gusta o que fago. Levo patrullando máis de dous anos, case desde cando comezou a poñerse feo aquí, e aínda non penso retirarme. Os meus dous fillos dinme cada mañá que me coide, pero nunca se opuxeron ao que fago", expresou a muller, quen pediu deixar o seu nome no anonimato.
Esta urbe fronteiriza coa esta- dounidense El Paso (Texas) ten 1.630 homes e 540 mulleres policías distribuídos en seis distritos, que día a día patrullan as rúas dunha cidade que só durante este ano rexistrou máis de 3.100 asasinatos.
Os policías en Cidade Juárez estiveron na mira do narcotráfico desde xaneiro de 2008 cando apareceu unha lista de oficiais que presuntamente serían asasinados. No 2010, 70 oficiais da Policía Municipal de Cidade Juárez, entre elas mulleres, foron asasinados a tiros por sicarios ao servizo dos narcotraficantes.
O 8 de decembro pasado un comando armado asasinou a unha muller policía embarazada de tres meses. No ataque morreron dous axentes. Paty indicou viuse reflectida nese episodio pois estivo en servizo durante un dos seus embarazos. "Golpeoume moito coñecer esta historia porque cando eu estiven embarazada aínda patrullaba".
Noutro incidente tráxico, Tania Carranza González, 28 anos e adscrita ao distrito de Delicias, foi asasinada a tiros o 23 de novembro pasado cando se detivo co seu automóbil ante un semáforo.
O xoves pasado Erika Gándara, a única oficial de Policía do poboado de Guadalupe Distrito Bravos (veciño de Cidade Juárez), foi secuestrada na súa vivenda por un grupo de homes armados. No municipio de Guadalupe, Erika era a única axente de Policía en funcións desde o pasado mes de xuño, debido a que ninguén se presentou para o posto ante o temor de ser asasinado.
A pesar destes casos e malia teren medo, as mulleres non van saír das filas da Policía, algunhas por necesidade e porque co nivel escolar que teñen non terían un traballo ben pagado.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario