sábado, 22 de xaneiro de 2011

O bebé de Amara, a primeira vítima da banda que non foi tal


O DRIL, grupo antifranquista dirixido por galegos, reivindicou aquel atentado de 1960
MIGUEL PARDO 11/01/2011 - 00:37 h.
O pasado 11 de marzo o pleno do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade declarar o 27 de xuño o Día das Vítimas do Terrorismo. Decidía esa data a petición do presidente da Cámara, José Bono, que a elixiu por ser esa xornada a mesma na que, en 1960, ETA cometía o seu primeiro atentado mortal asasinando a nena de 22 meses Begoña Urroz. Nada máis lonxe da realidade.
Xurxo Martínez Crespo, investigador galego, leva anos demostrando con datos que foi o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) o que cometeu aquel atentado. O colectivo antifranquista dirixido por galegos reivindicouno en máis dunha ocasión e lamentou a morte daquel bebé, pero o Goberno segue na súa teima malia as evidencias. A nai de Begoña continúa a ser convidada aos actos como vítima da violencia etarra.
“ETA non tiña daquela infraestrutura para cometer estes atentados; hai que ter en conta que a primeira vítima mortal da banda chegaría oito anos despois”, di Martínez Crespo, que conta con varios documentos que acreditan a reivindicación do atentado por parte do DRIL. O histórico galeguista Xosé Velo foi un dos secretarios xerais daquel grupo terrorista fundado por exiliados galegos e portugueses en 1959 e que pasaría á historia polo secuestro do buque Santa Maria.
Pero antes do asalto ao barco, o DRIL levou a cabo varios atentados. Aquel 27 de xuño de 1960 coloca varios artefactos en Bilbao, Donostia, Madrid e Barcelona. O estoupido na estación de Amara provoca a morte de Begoña Urroz e ao día seguinte, en Caracas, o grupo que loitaba contra as ditadura de Francisco Franco e Antonio Salazar reivindica as accións cometidas en varias cidades españolas.
A experiencia dos membros do DRIL na Guerra Civil permitíalles cometer accións ás que ETA nin aspiraba. “Daquela eran uns estudantes que facían pintadas e colocaban ikurriñas, pouco máis”, asegura Martínez Crespo, que accedeu a varios papeis que demostran que foi o DRIL o que estaba detrás daquelas bombas.
Tamén documentos inéditos de José Fernández, o comandante Soutomaior e outro dos líderes do DRIL, aos que Martínez Crespo accedeu hai anos. Na documentación recoñecíase que eles foran os autores e tamén asumían o grave erro que supuxera a morte da meniña. “Claro que foron eles, dixérono varias veces e mostraron a súa mágoa polo accidente que lle custou a vida á rapaza”, engade este investigador que non atopa respostas a este erro histórico.
Ernest Lluch, político catalán asasinado precisamente por ETA, foi un dos primeiros que lanzou a posibilidade de que a banda terrorista asesinara a cativa. “Fíxoo baseándose nalgúns comentarios, pero non había base para aseguralo”, di Martínez Crespo. “Daquela na prensa non había referencias porque Franco non permitía que se lle dese publicidade a esas accións, é comprensible que non se atopen datos nas hemerotecas”, asegura, para engadir despois outra das razóns que poden explicar o enorme erro histórico: “Os membros do DRIL estaban enfrontados ao exilio republicano, basicamente ao PSOE, que incluso especulou que era a propia ditadura a que provocaba aquelas mortes”, explica. Unha portada da publicación El Socialista deita máis luz aínda sobre o caso.
 “ELEMENTOS EXTRANJEROS”
Francisco Letamendia, profesor da Universidade do País Vasco e autor de varios libros sobre ETA, recoñeceu hai meses que “en todas as fontes documentadas non hai ningunha reivindicación da banda terrorista daquel atentado”. As escasas referencias das autoridades franquistas atribuíronllo daquela a “elementos extranjeros en unión con comunistas”
De feito, varias publicacións aseguran que a primeira acción de ETA foi o intento de descarrilamento dun tren en Donostia en xullo de 1961, un ano despois do atentado de Amara. O seu primeiro asasinato sería en 1968 e cobrou a vida do galego José Pardines, un garda civil de Malpica destinado en Euskadi. Pasaran xa oito anos.
Aquela si que foi a primeira vítima mortal do grupo terrorista. Daquela, o DRIL desaparecera catro anos antes despois dalgunha outra acción esporádica. Aqueles homes “aguerridos e idealistas” nin sequera tiveron a triste honra de figurar nos libros de historia por un erro que lamentaron ata os seus últimos días. A ETA, por desgraza, sobráronlle os mortos.

4 comentarios:

  1. La portada del "ABC"que reproducís es del 16-12-87. Son 2 niñas asesinadas por ETA en un atentado contra un cuartel de la Guardia Civil. En muchos sitios se reproduce la misma imagen dando a entender que se trata de Begoña Urroz, la niña que resultó herida mortalmente en un atentado del DRIL en San Sebastián el 27-6-60. Respecto a esa niña, mi opinión es que los que saben y callan son peores que los que están mintiendo. Y en el caso de Begoña Urroz se está mintiendo mucho. Los que nos gobiernan o son unos tontos o son unos cínicos. Da vergüenza ajena que el Día de las Víctimas del Terrorismo -el 27 de junio- se base en una vulgar intoxicación mediática.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas pola túa información, a verdade é que resulta sorprendente todo o que rodea a este asasinato.

    ResponderEliminar
  3. -Las niñas son las gemelas Barrera, sobrinas de Alcaraz el de la AVT.
    -Leído en "El País" el 28-6-2010: "Ese día hace 50 años, una niña de 22 meses, Begoña Urroz, murió abrasada en San Sebastián por la explosión de un coche bomba que la mayoría de las investigaciones atribuyen a ETA". Un coche bomba en la consigna de una estación de tren de cercanías...no saben ni fabular.
    -Ya parece haber desaparecido, pero hasta hace no mucho circulaba por Internet un supuesto parte gubernativo fechado el 28-6-1960 en el que se atribuía la bomba de Amara a ETA. El texto afirmaba que ese había sido el segundo atentado etarra tras el intento fallido de hacer descarrilar un tren de pasajeros. Dicho sabotaje ferroviario fue en realidad...el 18-7-1961, 13 meses después. Hay gente que no sabe ni falsificar un texto...
    -Tú que eres gallego, ¿es auténtico el texto de Jorge de Sotomayor en el que se reconoce que en el verano de 1960 una bomba del DRIL mató por error a una niña de 2 años en la "estación de Bilbao"? Porque si ese texto es auténtico, y sospecho que sí, y dejando al margen la confusión entre los atentados de las estaciones de Amara (San Sebastián) el 27 y de Achuri (Bilbao) el 29, entonces es que las autoridades y los medios de comunicación se han burlado de la ciudadanía española.

    ResponderEliminar
  4. El curioso parte gubernativo falsificado del 28-6-60 aún está en la red: "http://www.matrix666.net/?p=416". Parece inspirado un reportaje publicado en 1995 en "ABC", de ahí el dato raro de que se feche la bomba de Amara el 28-6-60 en vez del 27 (por una confusión entre la bomba y el fallecimiento posterior de la niña).

    ResponderEliminar